martes, 13 de enero de 2009

Chegamos po parte.

Dous: ButeloBike; os catro restantes voltaron as 18.25 para o sofá.

Onte rutaza de cerca de 60 Klm indo por a ruta a Portomarín e voltando despois de cruzar Rio Grande e O Miño pa aló da Fervenza trazando por o percorrido de volta. O retorno foi tardísimo, xa empezara o parte da TVE 1 facía un cuarto de hora con o cual salvamos unhos cuantos mortos da Franxa de Gaza, e a morte de algún narco e outras calamidades que poñen sempre pa ambientar as novas.

A verdade e que na ruta de onte se votou moito en falta a DONDAILAMA con aquel estilo que tiña para acometer calquer camiño, sendeiro o o que faga falta sin ter en conta horarios, fangos, carreiros estreitos ou anchos e hasta a ausencia de eles nunca foron un problema para seguir para adiante e acabar a ruta todos xuntos, para eso saimos xuntos. Pero bueno, o que sigue seguro que o pasa ben e con o compañeiro de ruta que levaba eso tuvo asegurado e confirmouse.


Foi unha xornada de bike levada o extremo com'aquelas salidas que facíamos aquel trío que me atrevo a calificar de glorioso presidido por o maxistral BUTELOBIKE e complementado con DONDAILAMA e que me pon un poco pesaroso.


O voltar vimos a Pandozarco no Kia.

Bo día.



Frase do día.
=============
BUTELOBIKE: Esto iballe gustar a DONDAILAMA.

No hay comentarios:

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...