Unha da Diputación.-
3 posibles diputados 3.- Butelobike e Mavagali. Os dous anduveron a procura de manter duas cousas ben en alto: o ritmo e o bo humor. Probas superadas amplamente. A primeira costoume mais seguila.
A ruta, os motivos.-
Alguén que coñece dous dos principales gustos de este que escribe, a lectura e a bicicleta, regaloulle un libro feito por Luis, Jesús e Marco publicado baixo os amparos da Diputación de Lugo.
Graciñas SX.
En este libro pódense atopar bonitas rutas e paseos por os arredores da nosa vila. Despois de leído soio había unha maneira de comprobalo. Este sábado empezamos por a que denominan “
Entre duas augas”.
A ruta, a saída.-
Dende o punto acordado e despois de unha fotiña do grupeto que "amablemente se ofreceu" a facernos a boa de Cari-na. Víanse-lle xeitos de moi profesional pois para intentar alzar as nosas figuras no retrato optou por tomarnos dende unha prespectiva baixiña encollendo unha perniña baixo si; con a outra, facendo un ángulo perfecto, mantía o equilibrio. A vista quedamos encantados, ela con os nosos aplausos tamén. Logo saiu a bon paso cara a Muralla.
En ruta, a evolución.-
Antes de chegar a Adai divisamos unha cigoña que algún apurou en determinar que “por evolución procedía do peixe espada que nadando e nadando conseguía manter grandes saltos sobre a auga hasta que en un de eles optou por non voltar a auga e seguir voando; despois pouco a pouco foise mutando, salvo o pico que conserva prácticamente o mesmo dende aquela.”
A ruta, en ruta.-
Con estas teorías e principios fomos chegando a Pena do Rei e seguido a Aldea de Arriba e o tempo que subían os kilómetros tamén o ritmo. O percorrido deixaba tempo para contemplar os paraxes; amplias pistas, camiños rápidos e algún que outro tramo de asfalto que por mor da velocidade pode voltarse arriscado; en algún tramo supéranse ben os 60 Klm/h. Con esta dilixencia atopamos o merendeiro de Outeiro preto do Narla e emprendemos rumbo o puebliño de Parada, de seguido tábamos nas pontes de Ombreiro. Eran ainda as once e cuarto da mañan.
A ruta, por mutación.-
Vistos estes precentes e pa non chegar tan axiña a ducha abandoamos o track programado no Orejón e paralelos o Miño collemos rumbo para facer entronque co Pecado na procura de unha evolución sobre a marcha dende ese punto. Dando saltos, coma aquel peixe, por os recentes camiños abertos enfocamos o antiguo acceso de esta magnífica Senda que xa non avandoaríamos hasta facer a volta a ciudade por a zona Mamut. Con esta mutación dende Ombreiro a ruta faise mais placenteira. Antes da unha tábamos encoiros baixo as quentes augas con unha boa recolleita de kilómetros.
Incidentes.-
- Tanto percorrido kazajuno provocaron nauseas na Francesita que para vengarse decidiu “romperse” un eslabón subindo un repecho o inicio da mutación.
- Nunha dura pendente de croios caidas casi sumultáneas de Mavagali e Maismar; aquí a Francesita fixo marca no cuadro contra unha pedra pa salvar de un croque o seu xa entregado xinete.
A dubida evolutiva.-
A min pareceume perfecto o asunto da cigoña e o peixe, pero quedóume soio unha dúbida: ¿como ese e outros peixes foron deixando a escama pa ir véndoselles a pluma?
Serán costions que nin a mismiño Darwin puidera exploñer en ningún libro sobre rutas mutantes evolutivas.
Frase do día.-
Butelobike: Salvo o pico que conserva prácticamente o mesmo dende aquela.
Boas noites.
Maismar.