domingo, 26 de enero de 2020

Lagos de Teixeiro by Bike Stop.-


Octeto ben avenido.
 De esquerda a dereita: Tino, Jesús Seijo, Marcos Espiña, Alberto, Miro, Oscar GD, José Carlos e Oscar...


Convocatoria.-

Concurrimos a proposta de Bike Stop para facer unha saida con duas  convocatorias: unha as 10:00 dende sede central  e outra as 10:15 n´os columpios das Gándaras. Por proximidade fun a segunda e alí chegaron, hasta aquela, unhos decoñecidos Tino e Oscar. Puntuales apareceu a outra comitiva con Alberto, Marcos, Oscar, Xesús e José para conformar un octeto moi ben avenido e que discurrimos en xuntanza e armonía igualiño que aparece na foto recordatorio.
Tiña ganas de facer unha con esta xente pois dende que rematamos a  2ª edición da Ruta XIX dende o Comeal a Lugo, aló por o mes de setembro, non fixera ningunha saida con eles, e xa que me aceptaron na sociedade ciclista haberá que usar tal privilexio a pesar de que como decía Groucho Marx: "nunca pertenecería a un club que admitiera como socio a alguien como yo". 

A Ruta.-

Entre as folla do carballo.
Pedalada tras pedalada xuntámonos con unhos cuarenta kilómetros tranquilos e sin moito ascenso nin moito descenso; paramos soio para facer duas fotos. Entre carballeiras por o entorno dos Lagos de Teixeiro transcurrían conversas de rutas, travesías, submarinistas, bicicletas, electricidade e sin electrificar ... todo en un continuo bullicio hasta que por o entorno do Monte Pedroso unha corza nos cruzou a proa a velocidade de misil e puxo en "MUTE" a toda a grupeta por un bo pedazo; sempre é moi gratificante e emotivo presenciar un animal salvaxe no seu entorno natural e tranquilo ainda que nos lle restemos a última parte: tranquilo.

Deserción.-

Antes da chegada a Bike Stop os integrantes fóronse espallando según o destino de cada cal e quen mais e que menos tiña os seus compromisos. Foi casi a chegada cando nos enteramos que o segundo Pereira, o mais malabarista, estaba na casa e osou non sair con nos; o motivo estaba ben xustificado, ou non  ...


Terceiro tempo.-

Xa con a bicicleta lavada e collendo aceleración de baixada a altura do Suso escoito unhos berros, solicitando axuda: ¡Lume, luuumeee!
Entre Fantas. Autor: Lucho
E sin mais pensar nin siquiera poñer os intermitentes a freno clavado reviro hacia aqueles desesperados berros. Alí estaban o incombustible Lucho, o impresionista Trompi e un novo compañeiro que se está a unir as saidas da Porta de San Pedro. Compartimos unhas Fantas, cada un escolleo de limón ou de laranxa según gustos e fómolas saboreando comentando as xugadas matutinas. 
Contaban que fixeron a de Castro pero esta vez sin polvo, nin pan, nin barrantes; todo pedaleo o son do Maestro, Marín e compañía.

Boa tarde.


Powered by Wikiloc






domingo, 19 de enero de 2020

Cabaleiros e escudeiros por Ombreiro.-

Pixeladas impresionistas na charca.
Autor: Trompi Van Gogh.

Boa e maoita xente este domingo por os montes de Ombreiro Infinito. Unha concurrida convocatoria de Matroski que puxo en evidencia o pésimo estado de forma da maioría  descontando a Vitocho e o Vello, que empeza a estar físicamente intratable, ainda que hoxe soupo facer de cabaleiro e escudeiro o mesmo son; algo pode estar a cambiar ainda que eu non me fiaría gran cousa; cambian os tempos pero as ideas cóstalles mais.

Durante o percorrido topamos con compañeiros que saen de xeito habitual os domingos as dez da mañá das Portas de San Pedro e San Fernando; tamén topamos con ilustres da recien formada sociedade ciclista: Bike  Stop. Dende logo que a mañá non era para quedar na cociña facendo nos queixos; ¡vaia solazo!

O único incidente foi na TRANCE que decidiu deixar sin efecto o freno de diante durante toda ruta que percorría os sendeiros mais revirados e pendientes da contorna. Pero xa se sabe para compensar a falta do freno Panoramix sacou a sua fórmula infalible: multiplicación do equilibrio, réstase  inercia e todo entre sentidiño a modo de paréntesis. A operación cadrou a pelidécima.

Sin alcohol. Autor: Vitocho.
Pre-final no Fluvial con unhas sin alcohol  para comentar as xugadas interesantes, as milloras da próxima dos Lobos, a imprescindible e inminente de Burela o tempo que xa iban asentando os corpos.

O recital final daríao un gregario profesional vestido de marelo, subindo en volandas, apretando e recortando watios, por a N-VI cara o Cuartel de Garabolos a un desvencellado Panoramix e cía.

Rematamos con o lavado en Bike Stop e as 13:45 na casa. Todo All Right!

Boa tarde.

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...