domingo, 24 de febrero de 2019

Dende a cara soleada de SF10.-


Xuntámonos  7 as 10 a.m.  na cara soleada de San Fernando, a saber: David, Victor, Orbeatis, Vicente, Alberto L. e Nairo Quintana que veu o fin de semana a Lugo.


O ver a indumentaria de algún, fixarse na segunda foto, preveíase unha ruta das que gustan os que ainda priorizamos o mtb de divertimento como o motivo importante que nos une a esto. Na foto tamén se aprecia unha procesionaria que nos deixamos seguir o seu camín pero que non deixa de ser unha especie a que hai que prestar atención, sobre todo os cans.

Tal como se preveía así foi:   un percorrido por sendeiros limpios e  sinuosos con un terreo  que te leva pegado o chan e que con templanza, prudencia e sentidiño permite ir sin sustos disfrutando de cada zona, metro por metro.

Sendeiros tipo Padrón: unhos con picardía e outros non, unhos coñecidos e outros non; pero todos para percorrelos varias veces que crearon unha mañá para aproveitar  a magnífica compañía, unha mañá que conta.

Como remate da mañá preparouse un tercer tempo improvisado para comentar impresions e repoñer algún dos líquidos perdidos.

Foto: Orbeatis.



Boa tarde.

Rosalía de Castro nacía tal día como hoxe en Santiago. Era obriga a lembranza e a mención.

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...