jueves, 19 de agosto de 2021

Camiño Torres. A Travesia.


A travesía.

1/8/2021 

 Próximo proxecto de travesía con saída de Salamanca, cruzar o Norte de Portugal e chegar a Compostela por o camiño que no seu día, en 1737, trazou e percorreo D.Diego de Torres Villarroel. Aparenta ser un trazado moi equilibrado e, sobre todo, de gran variedade de paisaxe, flora e fauna; así como unha recopilación de sensacions para non esquencer. A viaxe será con Keiko, inmellorable compañía para estas aventuras e a bordo das duas rodas que tanto nos fan disfrutar. Temos unha previsión de 10 días e un orzamento económico a cumplir. Esperemos que todo vaia según o previsto, imos vendo.


En ruta.


Webs:

Camiño Torres. Web Oficial castelán.

Caminho Torres. Web Oficial Portugués.

Agradecemento a estas duas páxinas. A información que aportan é moi aconsellable leela; ademais, da primeira, recollemos os imprescindibles tracks para a navegación.

  

Xornada 1 ->


Tal día como oxe: Fifiño D.E.P.

Camiño Torres. Xornada 1. Aviso.-

Descanso.

 Salamanca - Robliza de Cojos.

Martes: 10/08/2021

Diana: 7:00

Saida: 10.00

Plaza Maior Salamanca: 11.00

Chegada: 15.00

Incidentes: A auga ou e aquel xel enerxético mixturado con o inhumano calor as 13.00 horas sobre as bicis provocaron unha   indixestión e mareo. / Solución: reposo baixo a sombra do pareo e auga po la cabeza como si sobrase.

                      Cincha trasportín Trance soltouse/S: 3 bridas e a seguir.

Paraxe: Dehesa salmantina.

Animal: Serpe, 1 Toro bravo.

Plantas: Alcornoque, girasol.

Lembranzas do día: Despertar na tenda no Camping Vía de La Plata en Salamanca. Calor do inferno. Ver unha serpe de 1 m. cruzando a proa. Momento desvanecemento as 13.00 horas a casi 40⁰ e lonxe de calquer lugar. Acollida na piscina e entrega de chaves do albergue de Sonia, alcaldesa de Robliza de Cojos. Hoxe éramos os únicos peregrinos onte estaba completo.


Fotos do día.

<-.Volver a presentación.

Xornada 2. ->


Camiño Torres. Xornada 2. Técnica.

Tensión.


 Robliza de Cojos - Alba Yeltes.

Mércores: 11/08/2021

Diana: 6:00

Saida: 7:45

Chegada: 13.00

Incidentes: Cinta alforxa traseira/Reaprete.

Paraxe: Dehesa.

Animal: Ovellas, 2 zorriños, un de eles era mais curioso.

Plantas: Alcornoque.

Para Lembrar: Zonas técnicas de grandes desniveles en baixada e con suelo de pedroleo. Dudoso momento o ver o rebaño  con tantas ovellas e no medio unha única cabra; unha ledicia foi non ter que aturar os ausentes cans con os que contaba. 

Acollida no albergue por Aurora, unha boa muller que nos veu recoller o bar donde comíamos. Resultou ser a viuda de Jacinto Martín García; gran peregrino a Compostela e despois hospitalero aquí por o que o albergue leva o seu nome; D.E.P. Foise novo quedóuselles na operacion do transplante; según me contou Avelino, o anotador da tabla que


servía de marcador da pentanca. Partidazo, ben pensamos que ganaban os franceses, o metro foi decisivo en algunha xugada, íbase moito o milímetro e os franceses veña a desplazar o boliche.





Fotos do día.


<- Xornada 1.


Camiño Torres. Xornada 3. Os touros.

A carón dos Touros.

 Alba de Yeltes - Gallegos de Argañán.

Xoves: 12/08/2021

Diana: 6:00

Saida: 7:15

Plaza Maior Ciudad Rodrigo: 11.00

Chegada: 12.45

Incidentes: Pinchazo fumigante trance/Autorreparado.

Paraxe: Dehesa.

                Explotación alcornoques.

                Explotación ganadera Touros.

Animal: Lebres, zorro, 90 toros ou mais,  lagarto albergue.

Plantas: Alcornoque, carrachos.

Para Lembrar: bon discurrir. Casual e gran acollida de Paco Bustillos, orixinal de aquí dentista en Ferrol; solucionou tema albergue e presentación do pobo. O nome de este pobo responde a sua  fundación por parte de os galegos fuxidos aquí por mor da Reconquista. Selamos no Bar La Pista, como non tiña tinta humedeceo o selo con Vodka. Hoxe as 22.00 teatro; representaron pasaxes do Quixote e Dulcinea; foi curioso que o bon do home para o único que recuperou a cordura foi para morrer.

Fotos do día.

<-Xornada 2

Xornada 4.->

Camiño Torres. Xornada 4. Ira.

Burros aparellados.


Gallegos de Argañán - Pinhel.

Venres: 13/08/2021

Diana: 6:00

Saida: 7:30

Almeida: 10.30

Chegada: 15.00 (Hora Portugal)

Incidentes: tropezo da Trance na area quedou con as rodas no aire e a bicicleta encima do ciclista; todo esto ocurriu como a cámara lenta/Solución: darlle a volta a todo e seguir adiante.

                      Calor de locura.

Paraxe: explotacions agrícolas, 

                Campos de labor,

                Viñedos.

Animal: Burros aparellados, - Xunguidos lévanse ben, pero ceivos sin nada para facer sempre están a pelexar . - Dixo o dono.

Plantas: Freoxao, viñedos.

Para Lembrar: acollida de Xoaquina e o equipo do parque de Bombeiros de Pinhel donde, sin ser albergue, acollen o peregrino. 

- Boas, dixéronnos en Información de turismo que aquí era o albergue.- Lle dixen os bombeiros da oficina e un de eles me responde.

- A informaciôn é certa mais nâo é precisa; isto não é albergue mais acollemos o peregrino que o necesite.

Moito me gustan estas ocurrencias dos portugueses.


Fotos do día.


<- Xornada 3

Xornada 5. ->

Camiño Torres. Xornada 5. Empedrados.

 

Actualizado: 6/9/2021

Solitaria ponte empedrada.

Pinhel-Trancoso

Sábado: 14/08/2021

Diana: 5.30

Saida: 6.30

Chegada: 11.30

Incidentes: repechísimos empedrados a pé.

Paraxe: Viñedos, olivares, moi verdes.

               Matorral solitario.

                Carreiro rente o río.

Animal: ovellas,

                Cadeliño manso de Aldea do Rei, era tímido e non se achegaba.

Plantas: viñedos, olivos.

Lembranzas do día:  vellos camiños empedrados estilo romano.

                                      Residêncial Dom Donis. En información nos dixeron que non había albergue de peregrinos pero ahí faríannos precio especial, así foi. Aquí pediron o certificado Covid Europeo, o da Xunta non valeo. Por Portugal o tema de albergues non está mui extendido por este camiño. Supoño que con o tempo se irán facendo. 

Gracias a que levamos a tienda de campaña poderemos solucionar problema de hospedaxe ainda que sabemos que a acampada libre en este pais está prohibida pero vamos preparados para solucionar esto, ou eso penso.

Chegada a Trancoso, castelo e muralliñas da cidade; digo muralliñas  porque eu son de Lugo. Ruas da parte vella.

Esta é a ruta que víña buscando, ten de todo, un soño de travesía. 


Fotos do día.


<-.Xornada 4

Xornada 6.->


Camiño Torres. Xornada 6. Etapón.

Entre viñedos e pedras.

Trancoso - Lamego.
Domingo: 15 agosto.
Diana: 4.30
Saida: 5:45 con luminaria Furona.
Chegada: 14.00
Paraxe: Viñedos,
                Explotacions manciñeiros variedades:
                 golden, tabardilla, Starking.
                 Plantacions de sabugueiros para té, 
                 curar os catarros e gripes. Tamén os usan para siropes, mermeladas e licores.

 Animal: can ceibo aplacado con arrumacos e boas verbas. Viña bravo de carallo as 6:30 da mañá; meu probe.

Plantas: Salgueiro, frutales e pinos.

Lembranzas do día: sendeiros estreitos en baixada entre viñedos. Pendientes inhumanas por carretera. Acollida de Clara no camping de Lamego: un paraxe a carón do santuario da Virxen dos Remedios con vistas espectaculares. Espacios de acampada en terrazas tipo Machu-pichu.  Espectáculo!!. Momento chill-out.



Camiño Torres. Xornada 7. Esixencia.

Ofrecemento.

Lamego - Amarante.

Luns: 16/8/2021.

Diana: 5:00

Saida: 6:30

Chegada: 20.00 Fixemos descanso a medio

                             día e seguimos a tarde.

Incidente: reinflado rodas traseiras n veces;

                   penalizan o peso pero sellan solas.

Paraxe: viñedos, estamos na Rivera do Douro. Carreiros empinados e empedrados tanto de baixada como de subida. Quintas.

Animal: conductor grúa que non cedeo o paso.


Plantas: viñedos.

Lembranzas do día: subida dende Peso da Régua a Fontelas: 1 klm subindo escalons, as rodas iban por a parte lisa e de seguido outro klm mais de asfalto; téñense ganado ofrecementos a moitos santos con moita menos penitencia. ¡Meu Deus! Os veciños confirmaron que o suelo antes era de terra; non o quero imaxinar pero quedou claro que calquer situación adversa é susceptible de empeorar. 

Baixada empedrada a Ribeira de Seromenha


cruce da preciosa ponte e subida hasta Martir, o nome xa o dí todo. A temperatura vai millorando e permite ciclar a tarde. Boísima idea de Keiko de coller un bungalow para hoxe aquí en Amarante; fai falta descanso. 


A ver mañá que nos espera.


Fotos do día.


<-.Xornada 6

Xornada 8.->

Camiño Torres. Xornada 8. Orixes.

Guimarâes.


Amarante - Braga.

Martes:  17/8/2021.

Diana: 5:00

Saida: 6:00

Chegada: 19.00 Con sestiña en Guimarâes.

                           .

Incidente: reaxuste de freno Antenitas en Bike Zone de Guimarâes; bos profesionais.

                    Seguimos con sellados automáticos.

Paraxe: abandonamos os viñedos e adentrámonos en zonas de ciudades e poblacions importantes.

Animal: domesticados, con correa e sin ela; gatos de cidade: observadores e escapistas.


Plantas: mais de cinco en algún edificio; pero normal é que tuveran duas ou tres plantas por bloque.

Lembranzas do día: Acollida no Camping Municipal de Braga. Xusto a entrada. O paso por cidades como Guimarâes e Braga fan lembrar os orixes ancestrais de este pobo.  De aquí parte a Vía Romana XIX que tamén vai por Lugo. Pasamos por Morreira, nome que me lembra unha canción portuguesa e o seu 25 de Abril.

Fotos do día.

<-.Xornada 7

Xornada 9.->

Camiño Torres. Xornada 9. Espanha.


Ponte de Limia.

Braga - Tui.

Miércoles:  18/8/2021.

Diana: 5:00 (+5 min. de zorreo)

Saida: 6:30

Ponte de Limia: 9.30 Espectacular!!

Rubiâes: 13.00. Bon xantar no Rte.Constantino.

Chegada: 19.00.                       

Incidente: seguimos sellando: as rodas en automático as credenciais dos peregrinos en sitios escollidos.

Paraxe: hortos, terreos de labor e bosque europeo.

Animal: o polo do Rte. Constantino, da carcasa  saiu aquela sopiña que me reconfortou a alma, do caldiño un sabroso arroz e do resto ¡Que estofado!

Plantas: nos hortos había de todo, hasta pexegueiros, perales e manciñeiros bravos. Nos bosques: carballos, piñeiros e, incluso, ocálitros.

Lembranzas do día

Aquela sopiña de polo con sémola do Rte. Constantino de Rubiâes servido por Andrea que nos falou en un castellano moi de Valladolid. 

- O frango ¡Que sabor!; Lle dixen.

A temperatura xa é axeitada. Estábamos rodando as 15:30 e aguántávase ben.


Cruzar a Ponte de ferro Internacional de Tui é unha experiencia que poucas veces se vai a repetir na vida de un home subido a sua bicicleta vindo de cruzar o Norte de Portugal: ¡Momentazo!

Recepción no Convento das monjas por Maite; ven podería ser a nai superiora pero a cousa aquí debeu ser por aposición: ten pinta de que a oración a practicou pouco.

Despois da ducha recuperadora tomar unha 1906 despois de vir de beber as Super Bock é como sair do instituto e ir estudiar a Coruña. Son outras materias.

A cidade de Tui ben merece visitiña con mais calma.

As cenas con comidas rehidratadas, que iban de respeto,  son un gran invento. Cómodas de preparar e con sabor.

 

Fotos do día.


<-.Xornada 8

Xornada 10.->

Camiño Torres. Xornada 10. Final.

 

O pé da Catedral.

Tui - Plaza do Obradoiro en Compostela (sobre 140 klm do tirón).

Xoves: 19/8/2021.

Diana: 5.30

Saida: 7.30 Puido ser antes pero o sacar unha

                      bicicleta cerrouse a porta do

                       convento e non podíamos entrar por a outra. Moitas  pedriñas tirei a aquela festra donde estaba a última peregrina que quedaba dentro: unha hora despois abriu. 

- Oía ruido pero pensé que era el viento.

- O vento ... -pensei para min-

Caldas de Rei: 14.00 Xantar e seguir. Despois habería que descansar, o camiño facíase duro.

Chegada: 18.00

Incidentes: a porta que se pechou no alvergue, mala elección do xantar, albergue que xa non recibía no Monte do Gozo, era tarde, a cociña xa non daba ceas ... ingredientes de final apoteósico. Era de esperar, nada é fácil cando o obxetivo é próximo e, total, a aventura parecía remada.


Paraxe: Terra de Rosalía de Castro, viñedos emparrados,  campos de maiz, outros terreos de labor, a Galicia coñecida.

Animal: tres gatiños do último bar antes de chegar o Obradoiro.

Plantas: moito maiz se sementou este ano ...

Lembranzas do día: ver o mar foi un momentazo, eu hasta fun mollarme na auga salada.

Redondela. O mar.

A chegada o Obradoiro foi un sinfín de sensacions donde a gran velocidade pasaron os cerca de setecentas vivencias nos outros tantos kilómetros recorridos. Había que saborealo a pé. Non foi fácil de asimilar pero xa estábamos ahí, obxetivo cumplido no tempo previsto; sabíamos que era posible pero confirmábase que non foi fácil e momentos de dudas témolos todos. Ainda así aconsello e animo a recorrer o Camiño

Emparrados.

Torres é un Camiño a Santiago diferente mais próximo a unha aventura que te pon o límite que a un peregrinaxe o uso; pero ide preparados, moi preparados, pode pasar calquer cousa ... 

Ah! E si me preguntas si volvería a facelo a resposta é un rotudo: SI VOLVERIA, mañá mesmo.

¡Bo Camiño!

Ultreia!

Panoramix.




Fotos do día.

<-Xornada 9

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...