domingo, 6 de diciembre de 2020

Con algo de neve por Penerrubia.

 

Foto: Brais. A cámara ten soio "olliños" para él. Mateo, Manolin, eu, Lucho, Pepín, Dioni, Brais. Po lo chan: Pepe e Picos.


En algún domingo de aqueles promovidos por a ansia de neve ...


    Moi  aproveitable para a práctica do MTB esta mañanciña por os montes de Penarrubia que amenazaba choiva e viña en paralelo as prediccions meteorolóxicas que voltaban a ser soio falsas amenazas e prediccions sin fundamento científico: nin unha gotiña caeo para, po lo menos, xustificar o porteo do timado chuvasqueiro.

O ascenso o xeodésico discurriu mais en busca de neve que en aforrar camiño de chegada e pouco despois de Penarrubia capital cando atopamos un pradiño que foi a delicia de todos e  donde se cubriron os neumáticos e tamen as ansias por o desexado elemento e do que o bon de Brais quixo deixar testimonio gráfico en este video.


Despois de disfrutar e ainda non fartos de derrapes de traseira, de resbalós de  dianteira, de bolos de neve, e arrebolos de equino que se marcou algún continuamos viaxe na procura de outras sensacions do blanco elemento.

Foi no alto do xeodésico donde fixeron parte do reportaxe gráfico os compañeiros, esta vez a miña cámara esquenceu o quente. 

Sin sabelo ainda iba ser este o lugar de ecuador da ruta debido a acontecementos axenos o cuidado do material e que despois xurdirán,  non adiantemos acontecementos.

Dende alí emprendemos a típica baixada por o sendeiro que estaba en condicions delicadas con raices e terreo moi mollado e por esto non fomos quen de coller por o Kawasaki baixando por a pista que presentaba un bo firme e a pesar das pedras soltas incitaba a deixarse levar, habia flow; oíanse berros de disfrute e jolgorio. Ahí todos, ou eso parecía, fomos disfrutandoo hasta que no fondo da baixada nos demos conta que faltaba un. No estaba Manolín,  home de carretera metido a monte por invernía e que carece, de serie, de ciertas habilidades que esto require. Unha inquetante espera daba para pensar de todo.


Pulsómetro, gafas, flow. Video: Mateo.


 

Pouco despois aló asoma un casco e un home baixo él a berro tendido do que se lle entendía ben pouco pero que clarificou o chegar o grupo: 

- Caíame o pulsómetro, caíame o pulsómetro, traio o soporte  bailando no manillar.

Libres do susto continuamos a baixada, xa sin mais neve que a que quedaba nos bordes do camiño, este era un regueiro hasta chegar o fondo donde se formaba a amplia poza que houbo que badear sin mais consecuencias que os anteriores badeos e que hasta o momento non nos deixaba moi mollados. 

Cando xa retomábamos a ruta para recuperar altura oense murmullos no medio da grupeta donde a palabras mais claras eran: "gafas", "200 euros" e "perdeu". Estaba claro: a ruta chegaba hasta alí, Pepe perdeu as gafas e, claro, o ser él andalú decía que non eran ruiñas.

Aló voltamos por os nosos pasos en busca das gafas perdidas.   En un principio fomos con cierto incomodo pero entre a empatía, o supuesto valor do botín aderezado con o valor da, despois incumplida, recompensa retomamos o bo jolgorio que traía o grupo mentras o damnificado nos iba contando as peripecias, os compoñentes, os outros cristales de aquelas gafas e tamen o montón das cintas aislantes e pegamentos que xa tiñan encima as patillas que  poñían en evidencia a pila de anos da "preciada pérdida" e que a alguns incluso nos traía a cabeza ese home que anda por a nosa cidade con unhos  anteollos oscuros todos remendados e tamen, as veces, se fai acompañar de unha videocámara de idénticas condicions estéticas que él simula operativa. Ahí coincidían tamén:  ten unha videocámara que soio sae él. Tecnoloxías da cordura ...

Todo esto armonizaba con a baixada do interés do grupo por aquela búsqueda que o final resultou estéril.  No retorno fómonos encontrando con outros ciclistas que viñan en sentido contrario e que o desolado perdedor das lentes lles iba disparando a pregunta: 

- ¿Vistei unas gafa, vistei unas gafa? .- A resposta sempre foi a mesma. 

Despois de rematar o percorrido de volta estábamos no Xeodésico, lugar donde fixéramos a foto de  grupo e constituido, para desgracia de algún, en ecuador da ruta.

A conclusión, hasta ahora non escrita, sempre é a mesma: si cae algo de valor de unha bicicleta nunca se encontra, algunhos bidóns da auga  aparecen sempre.

A volta desde alí xa foi con mais alegría e menos intriga badeando charcos e subindo o ritmo  segun deixou Mateo recollido nos siguientes cortometraxes de boa intención e millor resolución dos cuales quedamos agradecidos. Eso sí, xa non chegamos sequiños e Pepín reclamaba o camiño mais corto para chegar a casa, o quente.

Marcando o Ritmo. Video: Mateo.

               


 Abrindo Camiño. Video: Mateo.


On Fire. Video: Mateo




Recopilación dos videos de Brais e Mateo por Pepe.



Boa tarde.

5 comentarios:

picos dijo...

Eres un Grande Miriño!!

Mateo dijo...

Non se pode resumir mellor unha mañá de BTT das que fan afición!!

Butelobike dijo...

A neve sempre da muito xogo, gran reportaxe.

brais_92 dijo...

Agora si que non vou esquecer a saída de hoxe. Grande Miro.

LUCHO747 dijo...

Estáis todos amañaos ... Muy buena Pirata 👏👏👏

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...