miércoles, 7 de enero de 2009

Celso Dourado no Museo.


Onte foi sorprendente a nosa visita mensual o Museo cando tábamos buscando a exposición do mes e aparece alí Celso chamándome. A verdade e que non me tiña que "sorprender" ver a un pintor en un museo, pero non podo negar que a proximidade a este home, e sobre todo, a proximidade da infancia na escola e no instituto fíxoseme novedosa aquela aparición. E claro, mais ainda cando me dí que tan preparando tres salas do museo para inaugurar este venres 9 as oito da tarde a sua exposición de mais de sesenta cuadros.

¡Que pasada! Alegreime que un dos amigos da escola expoñendo no museo da capital; un dos teus e realmente importante no que sempre quixo facer, e sobre todo si se trata do mundo da Cultura, moito mais importante. ¡Enhoraboa amigiño da escola!. O único que me acordaba de ver de Celso era un dibuxo que tuvo exposto no Millo, "fai algunhos anos".

Pois o final percorremos as salas admirando a pintura de este home. É impresionante; usa técnicas da sua colleita con lume, area, boligrafías, carbons, oleos, ... conseguindo levar as imaxes mais aló do realismo e creando unha atmósfera de presencia-ausencia sobre un dos dous temas que mais trata na sua pintura. A exposición non deixa a naide indiferente, eso ta garantido.


O sair pregunto a T:

M-¿gustouche?
T-No, me pareció .... angustiosa.
M-De eso trata, viche dentro.

Bo día.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Great Articles. Thanks

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...