sábado, 2 de mayo de 2020

Saída do confinamento.-



   Hoxe sí que sí, había que sair: era tan necesario como obligado para os que temos o outro bicho dentro, ese para o que nin queremos vacuna, ese que levamos dentro e nos move: paixón por pedalear e sentir ese aire. Amencía moi oscuro pero non costou nada poñerse a andar, a pesar de que as nubes impoñían temor pero o final nada, unha gotiña que tiñas que correr para collela; nin se sentíu. Puido ser a saida do ano, a deseada; eso sí en solitario e cumplindo. Xa na chegada e de lonxe saludei a Pablo, un Correcamiños con o que compartimos gustos de modalidade, foi efímero o momento pero quedará como compañeiro do día, eso sí na lontananza. Seguramente haberán mais saídas pero seguro que non se agradezan tanto pois esta era a mais desexada.

Boa tarde.

domingo, 26 de enero de 2020

Lagos de Teixeiro by Bike Stop.-


Octeto ben avenido.
 De esquerda a dereita: Tino, Jesús Seijo, Marcos Espiña, Alberto, Miro, Oscar GD, José Carlos e Oscar...


Convocatoria.-

Concurrimos a proposta de Bike Stop para facer unha saida con duas  convocatorias: unha as 10:00 dende sede central  e outra as 10:15 n´os columpios das Gándaras. Por proximidade fun a segunda e alí chegaron, hasta aquela, unhos decoñecidos Tino e Oscar. Puntuales apareceu a outra comitiva con Alberto, Marcos, Oscar, Xesús e José para conformar un octeto moi ben avenido e que discurrimos en xuntanza e armonía igualiño que aparece na foto recordatorio.
Tiña ganas de facer unha con esta xente pois dende que rematamos a  2ª edición da Ruta XIX dende o Comeal a Lugo, aló por o mes de setembro, non fixera ningunha saida con eles, e xa que me aceptaron na sociedade ciclista haberá que usar tal privilexio a pesar de que como decía Groucho Marx: "nunca pertenecería a un club que admitiera como socio a alguien como yo". 

A Ruta.-

Entre as folla do carballo.
Pedalada tras pedalada xuntámonos con unhos cuarenta kilómetros tranquilos e sin moito ascenso nin moito descenso; paramos soio para facer duas fotos. Entre carballeiras por o entorno dos Lagos de Teixeiro transcurrían conversas de rutas, travesías, submarinistas, bicicletas, electricidade e sin electrificar ... todo en un continuo bullicio hasta que por o entorno do Monte Pedroso unha corza nos cruzou a proa a velocidade de misil e puxo en "MUTE" a toda a grupeta por un bo pedazo; sempre é moi gratificante e emotivo presenciar un animal salvaxe no seu entorno natural e tranquilo ainda que nos lle restemos a última parte: tranquilo.

Deserción.-

Antes da chegada a Bike Stop os integrantes fóronse espallando según o destino de cada cal e quen mais e que menos tiña os seus compromisos. Foi casi a chegada cando nos enteramos que o segundo Pereira, o mais malabarista, estaba na casa e osou non sair con nos; o motivo estaba ben xustificado, ou non  ...


Terceiro tempo.-

Xa con a bicicleta lavada e collendo aceleración de baixada a altura do Suso escoito unhos berros, solicitando axuda: ¡Lume, luuumeee!
Entre Fantas. Autor: Lucho
E sin mais pensar nin siquiera poñer os intermitentes a freno clavado reviro hacia aqueles desesperados berros. Alí estaban o incombustible Lucho, o impresionista Trompi e un novo compañeiro que se está a unir as saidas da Porta de San Pedro. Compartimos unhas Fantas, cada un escolleo de limón ou de laranxa según gustos e fómolas saboreando comentando as xugadas matutinas. 
Contaban que fixeron a de Castro pero esta vez sin polvo, nin pan, nin barrantes; todo pedaleo o son do Maestro, Marín e compañía.

Boa tarde.


Powered by Wikiloc






domingo, 19 de enero de 2020

Cabaleiros e escudeiros por Ombreiro.-

Pixeladas impresionistas na charca.
Autor: Trompi Van Gogh.

Boa e maoita xente este domingo por os montes de Ombreiro Infinito. Unha concurrida convocatoria de Matroski que puxo en evidencia o pésimo estado de forma da maioría  descontando a Vitocho e o Vello, que empeza a estar físicamente intratable, ainda que hoxe soupo facer de cabaleiro e escudeiro o mesmo son; algo pode estar a cambiar ainda que eu non me fiaría gran cousa; cambian os tempos pero as ideas cóstalles mais.

Durante o percorrido topamos con compañeiros que saen de xeito habitual os domingos as dez da mañá das Portas de San Pedro e San Fernando; tamén topamos con ilustres da recien formada sociedade ciclista: Bike  Stop. Dende logo que a mañá non era para quedar na cociña facendo nos queixos; ¡vaia solazo!

O único incidente foi na TRANCE que decidiu deixar sin efecto o freno de diante durante toda ruta que percorría os sendeiros mais revirados e pendientes da contorna. Pero xa se sabe para compensar a falta do freno Panoramix sacou a sua fórmula infalible: multiplicación do equilibrio, réstase  inercia e todo entre sentidiño a modo de paréntesis. A operación cadrou a pelidécima.

Sin alcohol. Autor: Vitocho.
Pre-final no Fluvial con unhas sin alcohol  para comentar as xugadas interesantes, as milloras da próxima dos Lobos, a imprescindible e inminente de Burela o tempo que xa iban asentando os corpos.

O recital final daríao un gregario profesional vestido de marelo, subindo en volandas, apretando e recortando watios, por a N-VI cara o Cuartel de Garabolos a un desvencellado Panoramix e cía.

Rematamos con o lavado en Bike Stop e as 13:45 na casa. Todo All Right!

Boa tarde.

domingo, 24 de marzo de 2019

Unha ducia na Porta as dez.-



A xuntanza.-

   E así nos xuntamos sete dos clásicos e outros cinco que se uniron na Porta de San Pedro as dez da mañá para formar un grupo de doce.

O discurrir .-

E aló partimos Castelo arriba cara os Lagos de Teixeiro quitando capas de roupa baixo un solazo que consolaba fomos sorteando e aproveitando lameiros para deleite de unhos e padecemento de outros. Xa no Entorno rousamos e rousamos mentras subíamos e baixábamos, algunhos con mais suerte que outros na fatídica Roca; houbo quen nin a tentou.
 Incluso hasta houbo quen se perdeu e se reencontrou a él mismo; todos os berros, chamadas o telefono mobil e búsquedas resultaron estériles para atopar o bueno de Picos: apareceu cando puido. Ó buscar o momento para centrarse en un mismo é o que ten: encóntraste e apareces.

O desenlace.-

O tempo e os klms. iban pasando e o recorrido guiado por Dioni con colaboracions do Maestro traíanos de volta por Muxa sin mais novedades que os enredos de sempre para ampliar ou recortar e ir achengando a agulla do reloxo as duas horas da tarde mentras as xentes arrimaban as suas casas; eso sí, algunhos antes co bici lavada e a de outros quedaba pa outra volta.


A Ruta que aló quedou.-


Creación de Dioni, colaboración do Maestro para divertimento e padecemento de todos: unha clásica Os Lagos con Roca incluida.

Xentileza de grabación: Lucho.

Powered by Wikiloc

domingo, 24 de febrero de 2019

Dende a cara soleada de SF10.-


Xuntámonos  7 as 10 a.m.  na cara soleada de San Fernando, a saber: David, Victor, Orbeatis, Vicente, Alberto L. e Nairo Quintana que veu o fin de semana a Lugo.


O ver a indumentaria de algún, fixarse na segunda foto, preveíase unha ruta das que gustan os que ainda priorizamos o mtb de divertimento como o motivo importante que nos une a esto. Na foto tamén se aprecia unha procesionaria que nos deixamos seguir o seu camín pero que non deixa de ser unha especie a que hai que prestar atención, sobre todo os cans.

Tal como se preveía así foi:   un percorrido por sendeiros limpios e  sinuosos con un terreo  que te leva pegado o chan e que con templanza, prudencia e sentidiño permite ir sin sustos disfrutando de cada zona, metro por metro.

Sendeiros tipo Padrón: unhos con picardía e outros non, unhos coñecidos e outros non; pero todos para percorrelos varias veces que crearon unha mañá para aproveitar  a magnífica compañía, unha mañá que conta.

Como remate da mañá preparouse un tercer tempo improvisado para comentar impresions e repoñer algún dos líquidos perdidos.

Foto: Orbeatis.



Boa tarde.

Rosalía de Castro nacía tal día como hoxe en Santiago. Era obriga a lembranza e a mención.

sábado, 11 de agosto de 2018

De prospección da XIX Marcha San Froilan-

A Noite previa.-

Foto: Portobike.
    O venres, facendo un intermedio na habitual velada itinerante, Sin timbas nin esmorgas, fomos a despedida de os compañeiros que partían as 22.30 cara a Santiago iluminados por as Lágrimas de San Lorenzo, como popularmente se coñecen As Perseidas, e que coido que ninguén logrou ver pois todos eles son auténticos profesionais de peso lixeiro, cabeza entre manubrio e desenvolvemento atrancado. De feito xa na partida houbo algarabía e moito antes do Burgo xa recibían os primeiros aplausos dos seus fans incondicionais en formación de rosario da Aurora.
    En calquer caso mérito tuvo a empresa e concluila con éxito. Mención especial a  Marino e Portobike que ademais completaron o camiño de retorno imitando os antigos romeros a Compostela: vellos peregrinos.

Frase da noite.-

Lobillo: saudei a Esteban e pensei que abrazaba un difunto, todo ósos.


Convocatoria e convocados do Sábado.

A cita de David concurrimos Pablo e este escribano para facer a prospección do track virtual da próxima Marcha do San Froilán do Correcamiños que temos convocada para o Domingo 30 de Setembro. A compañía non podía ser millor para este tipo de rutas de exploración ou para calquer outra, pois eles reunen as millores condicions de concordia para un día así. Provistos de monturas como Dios manda: doble suspensión, bo recorrido e regulación adecuada conseguindo unha boa armonía disfrutando en todos os terreos que é do que se trata.

A ruta.-

O percorrido, ainda en secreto do clube, tou convencido que vai agradar os participantes pois transcurre por un entorno lucense antiquísimo, pouco habitual incluso para os nativos pois forma parte da prehistoria da comarca,  cerquiña de onde chegaron os suevos (Siglo V) que logo se integraron con o reino visigodo e con algunha actual población que ben podería descender de aqueles antergos pobladores como se deduce nos seus topónimos, algunos con terminacions que indican que alí existiron tamen especies salvaxes da familia canina.

En marcha.-

Pois así, sin encomendarnos a ninguén e casi sin avisar a donde íbamos fomos atallando para chegar o punto final do track con intención de facelo en sentido inverso a marcha, algo que non entendín por qué pero así o tiña previsto o director e convocante da xornada e así se iba facer. Recorridos os primeiros kilómetros e sobrepasado un dos primeiros monumentos da ruta empezaron as discrepancias entre os camiños reais e o track virtual. Pero nos fieles o que mandaban os navegadores de Pablo e David non dudamos en meternos por  donde soio había o vello curso de  un rego de auga armado con silbas e toxos intentando deternos; nada, pa diante entre berros e lamentos deixando en acasions algunha folla de silbeira con rengleiros de sangue.
    Outras veces inmersos en velocidade de descenso, un dos guías mandaba "a dereita, a dereita" ante o asombro dos outros implicados pois  xusto coincidían as ordes con os toxos mais longos e de millor calidade de aquel entorno; en ese momento como bomba de racimo cada un collía unha dirección: a de volta pa atrás, a da avanzadeira e, finalmente a dos toxos: e volta os berros.

Foto: Pablo.
 En outras ocasions, ainda vendo que o recorrido era facilmente viable dando un pequeno rodeo non dudábamos en lanzarnos por a gran pedra de granito abaixo saltando os naturais escalons e facendo proa con a roda dianteira entre  toxo raseiro de pincho pequeno e calidade suprema: e veña mais berros o fondo a coro con os berros de diante.
   O momento cume foi cando chegados a un punto onde a liña  virtual  obligaba seguir o frente para cruzar mais de 200 m. soio válido para Jonh Deer de 350cv de doble tracción e provisto con duas desbrozadoras de martelo ou ben para motoachaadora de tres eixes con pala horizontal: algo así como unha misión imposible para tres bicicletas provistas de doble suspensión e triple sensatez. En este momento xa dudamos hasto do virtual e nos lembramos do seu creador, eso si: con cariño. Lanzamos outra bomba de racimo resultando a millor e consensuada opción avanzar hacia un entorno rodeado de alambrada e sirga tridimensional con alambres de cuchilla similar a valla de Melilla. ¿Donde taríamos? Alí intuíase que o sitio non era para facer moitos amigos nin pa poñer os queixos a secar. Sin  saber cómo nos atopábamos por a parte de dentro de aquel recinto. Si, lees ben: por a parte de dentro. Había edificacions fortificadas, e o que alí habería non infundía tranquilidade. A nosa dúbida era si habería cámaras pois xente de vixiancia taba claro que non. O final saimos de aquel cerrado e retomamos o track que será o retorno a Lugo. Esta parte foi millor trazada e conclue en unha veloz e bonita chegada a capital.

Final feliz.- 

Selfie: Pablo
O final da mañá a outra búsqueda, non menos importante, centrouse en atopar un lugar con terraza e bos pinchos, algo que en Lugo e como atopar "una paja en un pajar". Conseguido esto poderíamos dar por ben concluida a divertida mañá de prospección da XIX Marcha de San Froilán.
Entre tapas, risas e arañazos David mencionou que o Sr.Presidente do clube iba mandar o track retocado:
 Buff!! que alivio de habelo mandado onte, houbéranos apedrado esta estupenda mañá, unha mañá ¡que conta!.


Frase do día.-

Dentro do misterioso recinto "infranqueable".

David: Moito me extraña que non haxa aquí cámaras de vixiancia.
Pablo: Témolo fácil de saber, poñémonos a rezar na postura de inclinación cara a Meca e seguro que pronto oimos hasta un helicóptero.

Boa tarde.

domingo, 21 de mayo de 2017

SPB - Lagos de Teixero. O retorno

Mañanciña de mtb Lagos de Teixeiro Style con cerca da cuarentena de klm. en donde non todos tiñamos o día ideal; tal vez traído por a noite  medio en vela, cansancios atrasados ou chourizos mal dixeridos. Houbo sprints donde se impuxo unha 26' seguido da E-Pepín e atrás os loitadores do reprise. Chegada moi puntual co consiguiente boa recepción en cada un dos fogares (cada un fala por sí). Unha mañà repleta de intimidades e historias que a bon seguro deben continuar.
Outra ruta de placer  btteiro con recordos pos sopladoiros que taban lonxe de estas terras.
Boa mañá.
Bo día.

Saída do confinamento.-

   Hoxe sí que sí, había que sair: era tan necesario como obligado para os que temos o outro bicho dentro, ese para o que nin queremos ...