Anterior..
A pedras e os paus salían espallados das rodas e ese era o único son que se percibía. De vez en cando unha brisa fresca dáballe peor ambiente o asunto. Hasta que pasando unha vella casa abandonada ...
A derradeira parte, o desenlace final
vexo luces de outras vivendas; era indudable: taba chegando a Castro de Rei notaba que o ritmo de ese tramo non fora o adecuado e podía pagalo para os siguientes 18 Klm. Non me quedaría outra que seguir en solitario en plena noite. Si esperaba por o resto do grupo sería un precio moi caro, iba bastante o límite e unha parada por corta que fose deixaríame KO; era obvio que Butelo e LuisdeLugo xa irían moi adiante.
No centro da poboación vexo os coches da asistencia e cáeseme o ceo os pes cando vexo que taban subindo a bici de LuisdeLugo o carro; ¿suspendese esto?, pensei, ¿acabaouse todo?, non pode ser. Voto outra ollada e se me ilumina o ceo outra vez: a Caipiriña taba alí. ¡Dios!, que alegría sentín, Buuuuaaaaa!!! taba salvado, aquelo acabámolo si ou si, e xa non tiña que facer o resto en solitario, bueno, con a venia e a compasión do imperturbable e Grandioso Butelobike. No tempo que pasa en facer unha pregunta, dar un saludo e un:
-¡Buteloooooo vamonnnooooos!, con a seguridade que me seguía abro outra vez gas e alí emprendimos os dous Chanqueiros cara a Meira en una noite nublada, con vento, pecha e que ameazaba con choiva; soio Xúpiter era a única luz visible que saia de aquel amargo firmamento. Comenzamos a percorrer pistas, camiños e algunha corredoira tirando de toda a tecnoloxía iluminaria, das indicacios do GPS exprimindo o máximo toda a inxeniería da Francesita e sua amortiguación "programable"; unha bendición ter todo esto en eses casos límite o alcande de un click: unha bicicleta full equip. Outro dato que tamen alumaba por si soio, pero este mirando cara abaixo, eran os 131,8 Klm hasta aquel momento, alí sentín que quedaba o peor.
O silencio era absoluto e iban caendo os metros con algunhas rampas tan verticais que parecían imposibles de superar. En un tramo sinto que iba soio outra vez, volto a mirada e alí non aparace nada, hasta Xúpiter tamén desaparecera, non viña ninguén; esto non era normal. Fago unha parada e o lonxe vexo duas luces, unha derriba da outra, pronto se aproximan:
M-¿que pasou?
B-a luz que se move do casco.
M-¿podes seguir?
B-Si perfecto; pero tamos dando voltas, non vamos hacia Meira.
M-¡Vamos de puta madre!, veña déixate de lerias; e dalle, hay que seguir o track.
Arrincamos e con o empañamento das gafas divisaba unhas intermitentes o lonxe que non acertaba a distinguir nin qué era nin a qué distancia; desaparecen e olvídome de elas. Aparece un tramo en baixada, engrano o 44x12 sin cesar o pedaleo, terreo con bon firme e sentía a brisa fría na cara; de repente unha curva cerrada a esquerdas alí aparece un bicho con unhas rodoas enormes e as intermitentes a todo dar, eu asusteime de carallo e arrastrei as rodas, pero él parou en seco e a punto tubo de calárselle o motor; por a miña sei-no, pero... ¿que pasaría por aquela cabeciña?. Taba claro que non era cuestión de tamaños.
Axeitamos desarrollos e outra vez abrimos o pouco gas que quedaba no fol. Coroamos unha pendente e vexo a maior beleza do día un pobo grande completamente iluminado na lontananza da noite:
-Eeeee, ta alíiiiiiii, tamos chegando, aquelo é Meiraaaa!!.
Baixamos o ritmo e escomenzamos a recoller velas para tomar a carretera que nos levaría a meta, a nosa propia meta.
Ahora o problema era outro para min, esperar por as chaves do coche para poder ducharme, bufff mentras pedaleaba para o polideportivo ibanseme sucedendo por a cabeza mil ideas para ver como faría para poder tomar aquela ansiada ducha sin enfriar esperando; unha de elas, moi descabelada era voltar en busca de os compañeiros, quedábanme duas barritas, un xel e aquela euforia fixome sentir físicamente ben, sin moitos doores. O que tiña claro e que no me quedaría alí morrendo co frío e embolto en suor xelado; o peor dos casos sería que cambiaran o seu track. Pero daba igual Luis tiña o meu teléfono, xa chamarían. A decisión taba tomada.
En unha última proba a esperanza, acércome e doulle un tento a porta:
-¡Dios existe!.- Berrei cando boto a man a manela do coche de Sharkbiker e aquelo se abre. Resultou que eles dous, despois do incidente de os cans, tomaron camiño equivocado e voltaron dende alí directos para Meira. ¡¡Bendita confusión!! pensaba para min; daba saltos de alegría e "facía a ola" eu soiño entrando con a bolsa.
Recepción no pabellón e as mutuas felicitacións deron paso a deseada ducha, un momento dos mais esperados, incomparable. Cando tábamos acabando cheguo o resto do grupo que viñeron custodiados por un vehículo de apoyo, que é como debe ser. O final a Luis de Lugo tamén o convenceron e rematou con eles. Continuaron as felicitacions e apertas con o resto do grupo en un mar de alegría con algunhas caras que forzaban o sonriso e que demostraban esa satisfacción interna e o desgaste externo que produce o logro do reto conseguido.
Lección número uno.-
Teño que reconocer que sentín ahí un momento "desterro-abandono": sabendo que o resto ta atrás eu deixeime levar aproveitando unha situación da marcha. Con lágrimas invisibles desexaba, de corazón, haber entrado xunto con eles, en medio de os auténticos, dos que chegan con calabres, con caras desfiguradas, con dolor nas posadeiras, cheos de fame, cheos de suor, buscando un sitio pa sentar, mirándose con a complicidade dos loitadores e con un brillo nos ollos que falaban en verso par da arte maior. Pero esta vez fun eu o imbécil, o mono, o absurdo, o frustrado que chegou diante dos mais, cando son os mais, os que veñen detrás de tí ou os que se perderon no monte, os que realmente te poden necesitar. Gran exemplo recibín de Orbeatis, que nos dobla a todos (a todos) en resistencia, forza e velocidade: "eu quedo con Santiso que ten calambres", dixo en un momento da guerrilla. Queda demostrado que o que chega diante non é por que ande mais que os outros ese, realmente, é o gañador en incosciencia e en descoñocemento das situacions en ruta e que aproveita os medios técnicos que son os que realmente axudan en estas situacions; o resto é palabrería de revista barata plena de tontería frustrada de neurora solitaria completamente drogada. A os colegas non se lles deixa solos, para demostrar ¿que?: nada. Todos andamos mais ou menos, pero si eu me vou diante non lle podo botar a man nunca o que ven mais atras. Él pódenos necesitar a todos ou nosoutros todos a él: o contrario é inconscienda envolta en papel de lixo de "miseria deportiva". A competición faise en circuito organizado entre xente que compite, fora de alí non teñen mais sentido estas peleas que "satisfacer", na maior parte, complexos mentais de cabezas frustradas. As medallas xa tan todas ganadas. Non sei ainda como entrei en ese xogo, lamentoo moito. Última vez.
Lección uno: aprendida.
Fin lección uno: e sigo.
O ratiño, a visita a Clara e a sua amiga a Rubia, burbuxeantes as duas, no Muiño de Meira acompañados de unhas tapiñas que nos souperon a jloria.
O fin:
Quero reiterar o agradecemento a Luis de Lugo por habernos convidado a este bonito día, a o Clube Ciclista Meira por toda a sua aportación e os chabales dos vehículos e como non, as princesas que taban esperándonos en cada control con o millor dos seus sonrisos que foron o auténtico segredo para poder rematar felizmente un proxecto así. Gracias a todas e a todos.
E así rematou un día facendo btt long travel de confraternización que non esquenceremos por muitos anos que vivamos, e ¿quen sabe? se tamén mais aló, pois este foi un día que conta e contará por sempre.
Deixo para o final os protagonistas, por ser o os auténticos activistas de ese día:
Asistencia: Sandra, Sonia, Rodrigo, Javier, Sonia e Sandra (si, son as mismiñas do principio, pero merecen tar nomeadas duas veces, como mínimo).
Ilustres participantes e confraternizados en ruta:
C.C.Meira: LuisdeLugo, Roberto, Luis, e Jesús.(Salvo erro ou omisión)
Clube Ciclista Internacional de Riotorto (o de clube ciclista en tramitación), viñeron todos: Paquitohernandez. ;-)
Independentes: Homeda29 e Vigoríxida8K. (Non lembro nomes de pila).
C.C.Correcamiños: Alex030295, Santiso, Orbeatis, Sharkbiker, Agpardo e Butelobike; amigos para siempre.
Escea de tenrura: Sharkbiker os coñece ben, nos soio de visita.
______________________________________
Mención en prensa el 19 de Octubre de 2.010
Enlace: http://elprogreso.galiciae.com/nova/65167.html
_________________________________________________________
A ruta:
Creada por: LuisdeLugo
Grabada por: Santiso
IBP: 207 // 140 Klm // 2236m.Acumulados // 11:30 HT // 2:30 HD.
23921
4 comentarios:
Moi boa crónica.
O home da 29
Turkish: quédome con o dato para próximas, un placer.
Bo día.
Estas experiencias axudan a coñecerse a un mesmo. E esto xa o recomendaba Sócrates: "Conócete a ti mismo".
Paquito Hernández (C.C. Internationale de Riotorto)
Estaba dudando si releer "Los Pilares de la Tierra" o tu crónica, al final me decante por esto ultimo.
Te veo comiendote la cabeza por haber llegado primero....hombre, no se, pero la experiencia que yo tengo en este tipo de situaciones, en las qeu el cuerpo va al limite es qeu uno tiene que encontrar su propio sitio. En estas ocasiones, yo siempre prefiero ir solo, a mi propio ritmo, que se que es el bueno y el que me va a permitir acacar la prueva. El tener que irte acomodando al ritmo de otras personas a mi personalmente me destroza. Me pasó en los 101 km y en la Mountemplaria, a veces vas mejor y otras veces peor....pero es lo que hay.
Un saludo amigo y enhorabuena por conseguir este tremendo reto.
Publicar un comentario