miércoles, 27 de octubre de 2010

Último xoves de mes.- Masa crítica.-



De Masa Crítica Lugo:


Con ventos do Sur (de onde nos ven a conciencia), ceos despexados (rúas non tanto) e cunha temperatura superagradable (esta tempada as maquinacións meteorolóxicas do Excmo. Sr. Alcalde para desmobilizarnos parece que non surten efecto...), de novo, e como ansiosamente agardabades, a aristocracia da mobilidade luguesa responsable volverá a lucir as súas mellores galas e celebrar, un mes máis que, por máis que se empeñen algúns, "poderán cortar todas as flores, pero non poderán deter a primavera" (como dicía o poeta). Nin o outono...
Así que animádevos, que ademais desta vez o Xefe da Caña Crítica ten pensado pagar a primeira...


VÉMONOS O XOVES 28 DE OUTUBRO DE 2010.
ÁS 20.15, NA PRAZA MAIOR DE LUGO.



EU PEDALEO,
E LOGO TAPEO!!!


Bo día.

25298

No hay comentarios:

De prospección da XIX Marcha San Froilan-

A Noite previa .- Foto: Portobike.     O venres, facendo un intermedio na habitual velada itinerante,  Sin timbas nin esmorgas, fomos...