sábado, 23 de abril de 2011

O Pradoiro con duas Aguilas.

Serra do Pradoiro. Foto: Juan Cedrón.


Onte as 10:30 non taba naide dos habituais  na Oficina. Apareceron tres intrépidos aventureiros (Combat24, Xesús514 e o que escribe) con tres barritas, un litro de isotónico, sin prisas e seguindo a Combat24 por un vello camiño que atopou paseando  nos cans acabamos na Serra do Pradoiro.  Chegamos a casa 12 horas despois, con 100 Klms o lombo, mollados, cansados e con tanta fame nos folgos como felicidade nos nosos ollos.

Día extraordinario: Camiños vellos, sendas milenarias, carreiros de raposos, zonas lobo, manglares, búsqueda do cordal, prados sin saída, camiños que finan en toxeiras, Colás mandandonos po asfalto (como nos vería...), o bar-tenda de Miranda, Mirandela, Senda dos Muiños Nacentes, inseguible Via Romana XIX, Queizán ... son figuras e nomes que xa quedarán sempre con nos.

     Ir era o rumbo, ó chegar era o menos importante hasta que despareceu a luz do día; ahí xa se ansiaba tanto como o comer, o GPS foi  apagado hasta que pa volta xa se fixo imprescindible, retroceder non era opción, o asfalto nin tocalo, era vital manter o pensamento sempre en positivo, se este cae tú caes con él e estropearías moitos momentos conseguidos, perderíase este día igual que chegou a noite, de súpeto.

    Descubrín tamén que  os dous camaradas de singladura son duas águilas afeitas a voar pero que en terra tamén son unhos fidelignos  compañeiros preparados hasta para emprender e concluir as rutas mais improvisadas: a eles teño que agracer  esta grande xornada.


O resultado de esto unha aventura inigualable con xente extraordinaria.


Frase do día.-
==========
Combat24- Mira por aquí tamén pasaron ciclistas.-
Maismar - ¿Aquí?; pero ... esa rodeira me é  familiar ...
Jesus514 - ¡Claro! Esa e as outras ...



Gracias voadores,  foi un placer, ¿a seguinte?.


Bo día.

Maismar.
32981

1 comentario:

coyoT dijo...

A fame espaliba o inxenio.... Que batalla.... e o día sen ver o sol e con auga de continuo..... A estabulación libre e así jajjaja . Boa tarde.

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...