Serra do Pradoiro. Foto: Juan Cedrón. |
Onte as 10:30 non taba naide dos habituais na Oficina. Apareceron tres intrépidos aventureiros (Combat24, Xesús514 e o que escribe) con tres barritas, un litro de isotónico, sin prisas e seguindo a Combat24 por un vello camiño que atopou paseando nos cans acabamos na Serra do Pradoiro. Chegamos a casa 12 horas despois, con 100 Klms o lombo, mollados, cansados e con tanta fame nos folgos como felicidade nos nosos ollos.
Día extraordinario: Camiños vellos, sendas milenarias, carreiros de raposos, zonas lobo, manglares, búsqueda do cordal, prados sin saída, camiños que finan en toxeiras, Colás mandandonos po asfalto (como nos vería...), o bar-tenda de Miranda, Mirandela, Senda dos Muiños Nacentes, inseguible Via Romana XIX, Queizán ... son figuras e nomes que xa quedarán sempre con nos.
Ir era o rumbo, ó chegar era o menos importante hasta que despareceu a luz do día; ahí xa se ansiaba tanto como o comer, o GPS foi apagado hasta que pa volta xa se fixo imprescindible, retroceder non era opción, o asfalto nin tocalo, era vital manter o pensamento sempre en positivo, se este cae tú caes con él e estropearías moitos momentos conseguidos, perderíase este día igual que chegou a noite, de súpeto.
Descubrín tamén que os dous camaradas de singladura son duas águilas afeitas a voar pero que en terra tamén son unhos fidelignos compañeiros preparados hasta para emprender e concluir as rutas mais improvisadas: a eles teño que agracer esta grande xornada.
O resultado de esto unha aventura inigualable con xente extraordinaria.
Frase do día.-
==========
Combat24- Mira por aquí tamén pasaron ciclistas.-
Maismar - ¿Aquí?; pero ... esa rodeira me é familiar ...
Jesus514 - ¡Claro! Esa e as outras ...
Gracias voadores, foi un placer, ¿a seguinte?.
Bo día.
Maismar.
32981
1 comentario:
A fame espaliba o inxenio.... Que batalla.... e o día sen ver o sol e con auga de continuo..... A estabulación libre e así jajjaja . Boa tarde.
Publicar un comentario