jueves, 21 de abril de 2011

A ruta da Loba.-


Moitos nomes se lle poderían poñer a ruta de hoxe, pero eu quédome con:


A ruta da Loba.-


       Saída moi puntual dende a porta do Santo collendo cara o Mera para badealo o traveso de aquela auga xélida. Tres optaron por dar a volta pa non mollarse, non foron ben mirados. Un, moi itelixentemente, descalzouse, cruzou e calzouse  mantendo así o peiños secos. Esto tampouco foi ben visto.  Despois a os mollados malolladores lles costaría mais de un estornudo seco.

        Pasado esto o Maestro levou a ruta os montes de Ombreiro por onde dando lazadas e en contínuo ascenso discurreo hasta voltar a Penarrubia. En estes intres Mtr. Potasio despistouse e faltaba do grupo, algunhos dixeron que  quedaba con ela na man. A Francesita seguida por o bon de Luchiño747 tornou  en unha estéril búsqueda, pouco despois o Maestro tocaba reunión e o perdido aparecería preto do Pino con todo recollido.

         As baixadas de Penarrubia hasta chegar a cidade discurriron enlazando carreiros que son de habitual subida e que trouxeron  bo regusto o fin de festa.

          Antes de cruzar a Avda. da Coruña  tres compoñentes do grupo, con os ollos como platos,  visionaron a que deu nome a ruta; ela, con ondas de cabelos mouros deixaba o paso de cebra recendendo a xazmín.


Boas noites.
Maismar.

No hay comentarios:

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...