sábado, 9 de enero de 2010

O Picato 5 Correcamiños e 1 Lobillo.



6 Bicimontañeros 6: Agpardo, Orbeatis,  Alex030293, Santiso e Lobillo.

Non quero deixar pasar a oportunidade de sacar unhas pequenas impresions dos fabulosos compañeiros de este ascenso o Picato:


Agpardo: para min un perfecto e casi imprescindible compoñente de calquer ruta,  sexa a donde sexa. Amigable, respetuoso, decidido, un coordinador transixente pero con as ideas claras. Sabe manter un ritmo de ruta, incluso en situación de apuro. Sinto non facer mais rutas con este home.



Orbeatis: Nunca saberei como o fai pero ta sempre donde ten que tar;  e mais ainda nos momentos en que se  necesita; aparece sempre que buscas unha mirada cómplice. Inalterable tanto que vaia detrás como diante, que suele ser o seu lugar natural. Consigue manter un bo ritmo e sabe adaptarse perfectamente a  calquer  marcha de ruta. Leva sempre todo o que se necesita.
 


Alex030293: Conocín a este xoven biker en esta ruta. A persar do gran salto xeneracional pareceume un relevo perfecto para os Correcamiños; fan falta mais xóvenes así. Moi correcto, muy respetuoso con seus "aboos de ruta" e moi educadiño.  Ofrecéndose semprea para participar e colaborar en todo momento. Tal vez se asustou un pouco cando Santiso dixo que nos metiamos por aquela corredoira; non dixo nada, soio sentiu a necesidade de saludar e despedirse dos aboos naturais que taban en aquela casiña preto de nos. Despois cando entramos no camiño e topamos con aquela silbeira e xestas atravesandoo  dinme conta do por qué de aquela necesidade e eu hasta sentín ganas de chamar a casa para despedirme tamén.


Santiso: Pouco queda por decir de este buenazo. Con él non te aburres sempre ten unha batalla mais grande para contar para tomala con gran humor, en algunha falta lle fai ese humor, por que n'as que se mete... O que é importante e que non se poña diante, por que  fai de unha ruta tranquila o Rosario da Aurora e ves a xente espallada por o monte como cadelos intentando atrapar unha cabra tola; despois danlle calambres e paxarea. Ainda non sei como se amaña nas aventuras que fai en solitario. Sempre vai moi equipado con todo o que faga falta; as veces hasta cubierta de repuesto, o malo e cambiala.


Lobillo:  Para min o número 1 en velocidade do mtb de Lugo; un auténtico galgo de ruta e, sobre todo, un cabaleiro dentro e fora de ela. Conselleiro inmellorable por toda a experiencia que carga, un imprescindible de unha gran ruta é un seguro de vida no monte; sempre ocurrrente.




 A Ruta: O obxetivo era facer cota no Picato.
              Perfectamente coordinada e dirixida por Agpardo que en todo momento  foi seleccionando as diferentes alternativas que temos e coñecemos de esta ruta recopilando  unha selección de camiños e sendas moi acorde con o terreno que taba completamente nevado, pero ciclable en un alto porcentaxe. A salida dende a capital foi por o novo tramo que limpou Santiso e que lle chama Butelo: "O lobo"; un sendeiriño público en baixada moi bonito lle deu un comenzo enxebre.
      Paréceme importante que toda ruta teña un que a guíe por onde él estime, sobre todo evítase moita pérdidas de tempo e todos temos un referente o que pedir consenso se por alí ou por acolá; tamén e importante que os demais seipan deixarse levar por eses gustos; para outro día,  tócalle a outro, sexa quen sexa; hay grupos no que sempre é a misma persona; pois esto si se acepta por o resto tamén me parece perfecto.O que é un cristo e que todos digan para onde hai que tirar. Afortunadamente casi sempre xa se fai como en este caso.
       Para a volta Santiso improvisou unhos vellos camiños que coñecía pero que teremos que ir a limpar de toxos e silbas pois sería unha pena perdelos. Tamén teremos que repasar a  parte intermedia por un bonito camiño, cosecha de Albarro, e que se ta cerrando, de feito pasamos con dificultade.

O ritmo de ruta según concluimos todos foi bastante bon, a pesar da dureza do terreo onde a neve chegaba o buje en algunha ocasión; todos tocamos terra ou tuvemos que facer malabarismos para non tocala de todo; pero saidas de pista penso que tuvemos todos. O que tubo claro e que todos disfrutamos da mañán que non deixou caer ningunha precipitación e sin grandes fríos mantuvo o sol con un ceo casi despexado.  A chegada a Lugo foi sobre as 14:00 e cada un foise repartindo para a sua zona sin facer a clásica visita a clarita,  outra vez será.

Frase do día.-
   Subíamos por as costas hacia o Picato con as bicis o lombo cando Santiso solta a sua de repente e comenza a perder todo o aire da roda. Púxo-se o home a amañala con a habilidade mecánica que ó caracteriza e Lobillo que o ve dille:


- ¿Santiso, tú pinchas pouco non?


As risas puidéronse oir hasta na Mariña e acompañáronos pa aló do pico da cota conseguida.

Boa noites.


Enlace as demais fotos.  Aquí.
13190

3 comentarios:

kortomaltes dijo...

E ti, ficiches toas as biografias de unha tacada jajaja............continua a serie.

Maismar dijo...

¡Que rapido eres, acabei ahora mismiño de publicalo. Xa ves eu tamén conto cousas de personaxes do século XXI; jajajaja


Boas noites compañeiro, voume deitar.

coyoT dijo...

Sentí no estar en el asalto a la cumbre......

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...