domingo, 24 de enero de 2010

A do lago mais longa.-

6 monstruos po lago 6 : Pepeval, Saltapozas, Wissop, Catacraw e Sirius.


By: Wissop.

Ruta: a do lago mais longa.-


A auga que caía e a temperatura foi desanimando as intencións de ir mañá o Cadramón e sustitulo por outra actividade mais acorde para esta invernía que todos aceptámos de inmediato; o final voltaremos mañá con outra ruta. Tamén anulou as intencions de facer a ruta das Pedras e algún incluso, de broma, puxo en entredito o voltar pa cama.

Tomou Pepeval a iniciativa durante os primeiros Klms pero logo foi Wissop quen nos encarrilou hacia a ruta do Lago pois intuía que hacia a sua terra o tempo era menos chuvioso. Acertou de pleno. Pasamos preto da residencia do monstruo (o do lago) e continuamos por antiguos e novos camiños hasta chegar a gasolinera. O cruzar a carretera hacia o club todo foi inédito; os camiños, carreiros e corredoiras por as que vai son de belísimo discurrir.

Hai unha zona que me gustou especialmente e quédome con esta foto que relato:
Camíño en baixada bastante pronunciada, envolto por loureiros e con chan de pedra firme de moito agarre que permite levar una velocidade axil provocando estelas de auga en ambas rodas. De lado a lado discurre un bon torrente que a modo de alfombra de espuma blanca, que en algunhos casos chega o eixo, adorna todo aquel granito firme e limpio que as veces vela sobre ela; do milloriño que recorrín nos últimos meses. Firmaba por varios Klms así; ¡que gozada!.

Outro tramo especialmente belo foi o sendeiriño que veu despois do ponte "dos cobardes" hasta a ponte de pedra que nos deixa no paseo de San Cibrao; este require algo mais de equilibrio. Tamén de foto.
a
Esta ruta ten bastantes zonas así e incluso se falaba de facer algo memeorable con ela ou intentala nuha nocturna facendo "parada" ; non e unha ruta excesivamente dura. Dende San Cibrao a Burela viñemos por o "obligado" a tren marcado a turnos por Sirius e Wissop hasta onde puidemos, reagrupándonos a altura da praia; ahí Pepeval retomou o ramal da ruta encarándonos hacia a xeral.

Sempre, entre un boísimo ambiente de humor envolto en auga con algunha avería mecánica, pérdidas de pastillas e aire das rodas.


Frase do día.-

Wissop: ¡¡Anda fixen unha poesía!!; pois foi casualidade que eu non son moito de poesías.

Esto dixoo cando a sua bomba lle consiguiu dar aire a roda a Catacraw, mentres a de este non daba inflado e vendo que as duas eran iguales saiulle espontáneamente:

As bombas de Decathlon
unhas inchan ben e outras non.



Esta tamén fixo gracia pero as risas grandes viñeron con a que escollemos como a frase do día.


Boa noite.
13773

No hay comentarios:

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...