Escala de Beaufort para Estimar a Velocidade do Vento.-
A Escala de Vento de Beaufort leva o nome en honra a Sir Francis Beaufort, almirante da Mariña Británica. A escala foi desenvolvida por el en 1805 para poder estimar a velocidade do vento; tras observar como se movían as naves polo vento. Esta escala resultou ser de gran axuda e posterorimente foi adaptada para poder ser usada en terra.
A táboa:
As explicacions:
Forza 0
Forza: Acougo
Velocidade: Menor a 1 milla por hora (mph), menor a 2 quilómetros por hora (kph)
Observacións: As follas das árbores non se moven, o fume ascende verticalmente, mar calmo.
Forza 1
Forza: Aire lixeiro
Velocidade: 1-3 millas por hora (mph), 2-6 quilómetros por hora (kph)
Observacións: As follas das árbores móvense moi suavemente, o fume desprázase lentamente, mar con suave ondada
Forza 2
Forza: Brisa Lligera
Velocidade : 4-7 millas por hora (mph), 7-11 quilómetros por hora (kph)
Observacións: Crujir das follas das árbores, bandeiras con suave ondular, pequenas ondas ou certa ondada
Forza 3
Forza: Brisa Suave
Velocidade : 8-12 millas por hora (mph), 12-19 quilómetros por hora (kph)
Observacións: Follas e arbustos en constante movemento, pequenas bandeiras estendidas, ondada longa sen cristas
Forza 4
Forza: Brisa moderada
Velocidade: 13-18 millas por hora (mph), 20-29 quilómetros por hora (kph)
Observacións: Suave movemento das ramas, Bandeiras estendidas, suave ondada con cristas
Forza 5
Forza: Brisa moderada
Velocidade: 19-24 millas por hora (mph), 30-39 quilómetros por hora (kph)
Observacións: ladeo de árbores pequenas, bandeiras estendidas con sacudidas, ondada moderada con algunhas cristas
Forza 6
Forza: Brisa forte
Velocidade: 25-31 millas por hora (mph), 40-50 quilómetros por hora (kph)
Observacións: Ladeo de grandes ramas, bandeiras estendidas con sacudidas violentas, longa ondada con cristas frecuentes
Forza 7
Forza: Ventarrón moderado
Velocidade : 32-38 millas por hora (mph), 51-61 quilómetros por hora (kph)
Observacións: Ladeo de árbores enteiras, ondada longa ("mar picado")
Forza 8
Forza: Ventarrón medio
Velocidade : 39-46 millas por hora (mph), 62-74 quilómetros por hora (kph)
Observacións: Ramas crebadas, mar con forte ondada e espuma sobre a superficie
Forza 9
Forza : Ventarrón Forte
Velocidade : 47-54 millas por hora (mph), 75-87 quilómetros por hora (kph)
Observacións: ramas despréndense das árbores, tellado é desprendido dos teitos, grandes ondas
Forza 10
Forza: Ventarrón intenso
Velocidade: 55-63 millas por hora (mph), 88-101 quilómetros por hora (kph)
Observacións : algunhas árbores arrincadas de raíz, dano a edificacións, mar moi axitado
Forza 11
Forza : Tormenta
Velocidade: 64-74 millas por hora (mph), 101-119 quilómetros por hora (kph)
Observacións: Extenso dano a árbores e edificacións, ondas gigantezcas
Forza 12
Forza : Furacán
Velocidade: 75 millas por hora (mph) ou máis , 120 quilómetros por hora (kph) ou máis
Observacións: Dano extensivo e servero
Esquema de los simbolos del viento.
Ahora cando eses falen nos xa entendemos.
Bo día.
13360
No hay comentarios:
Publicar un comentario