sábado, 10 de julio de 2010

Orixe da palabra ESPAÑA.-


Non se sabe ben o orixe de esta palabra. Puidera ser que viñera da lingua  púnica Isephanim falada polos fenicios de Cartago.  Significaba 'illa ou costa dos coellos', este animal abundaba en Andalucía, onde eles fundaron Cádiz, a cidade máis antiga de Occidente, I A.d.C.  En moedas romanas da época de Adriano, España está representada como unha dona sentada cun coello aos seus pés. O poeta romano Cátulo chamou Cuniculosa Celtiberia á Península Ibérica, algo así como 'Celtiberia, a Conejera'.
 
En grego Spanía rexístrase por primeira vez no século I a. de C., usada polo geógrafo Artemidoro de Éfeso como variante do grego Hispanía, que pasou ao latín como Hispania. Pola mesma época, ese nome foi utilizado por Xullo César, quen distinguía a Hispania Ulterior, máis aló do Ebro, e a Hispania Citerior, ao sur do río Ebro. Tras a unión política de Castela e Aragón por os choios de Isabel e Fernando, os Reis Católicos, Hispania empezouse a afianzar como nome do nacente país.

Hai quen asegura que a orixe da palabra é celta, baseado en que a rexión de chaira da Península Ibérica ten forma parecida á palma da man, span en lingua celta. Span relaciónase co alemán Spann 'empeine do pé' e Spanne 'palmo' e co inglés span 'palmo'.

Entre outros étimos de  credibilidade menor, cabe destacar o fenicio span, co significado de 'oculto, escondido' porque se pensa que span derívase do hebreo xaphano 'ocultar', e España era un país afastado e escondido, próximo aos confíns do mundo. ¿Quen sabe?, algo misterioso.

Bo día.

2 comentarios:

FURON dijo...

Recordame unha conversa.
Indo po courel na furgo...pasachelo ben?
Por certo, existe algún tipo de texto ou outra cousa, do cal se poda deducir, como pensaban ou falaban os celtas...?????

Maismar dijo...

Como falbaban: o que nos queda e o Breton, a única que se fala hoxe(e cada vez menos) de orixe celta. O resto son de textos romanos ou dedúcese de verbas que tan nas linguas actuais e chegaron a hoxe (e que ti falas) que por non ter orixen latín ou de outras linguas de aquelas épocas, enténdense da cultura castrexa. Pero pensa que tamos a falar de pobos que viviron fai 4.500 A.d.C. (megalitos).

¿Como pensaban?: respondoche como respondedeu aquel galego cando lle preguntaron:
- ¿Haberá vida despois da morte?.
- Bueno ... mais ou menos, ¿quen sabe?.-
O que todos teñen claro e que era xente tranquila que defendían o seu e que tiñan a misma sorna que nos cheguo a nos.

Agradéceso o comentario, sempre son ben acollidos.

Aquí tes mais info de xentes que saben mais de esto.



Bo día compañero.

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...