4 Achaiantes 4: Nacho, Giorgio e Cesar.
Ante todo agradecer a Nacho a estupenda tarde de mtb e camaradería que nos preparou; creou un ambiente que nos tenta a repetir esta Terra Cha Expirience. Tamén a Cesar por facer de chofer oficial do grupo, e millor ainda por compartir esa simpatía e bondade que o define. A Giorgio por facer de enlace en todo momento durante a ruta; un bo compañeiro de rutas que amenaza con veloces progresos sobre a bicicleta, na ruta foi de menos a mais.
A ruta: un ir e vir por un enxebre entorno de vella vías entre carballos combinando zonas sinxelas por outras con maiores dificultades pasando por zonas lobo e outras de casi caidas o vacío donde a francesita gozou a tope; en esas ocasions algo mais jodido iba o Panoramix, que hasta me pareceu oilo berrar. O final volta por o paseo fluvial e subida por a senda de Nacho que cae o pe da sua casa.
A arricadeira: Momento sublime foi o que compartimos con a Rubia, Clara e as outras na praia fluvial donde nos puñemos o día da actualidade do mtb chairego e as boas pretensions para o próximo Monseivane que fan deducir o bo estado de saude de esta modalidade por esa boísima zona para practicalo.
Non quero esquencer os bos comentarios feitos esta tarde sobre as zonas próximas a Vilalba e vimos na sempre lembrada marcha que nos preparara Jonás por o entorno de Xermade en colaboración con estas boas xentes.
En resumo: unha tarde de luxo. Gracias Nacho, como ben di Cesar amenazamos con voltar, a ver si para aquela xa tamos tod@s e mais que se queiran apuntar, o nivel físico da igual; aquí o que se esixe, e moito, sou outros niveles, e de eso por a zona hay de abondo. O final chegamos as 23.00 a Lugo, cansados, alegres e cheos de motivación por facer mais momentos así. Mais Terra Cha Experience.
Frase do día.-
===========
¡ Ciclemos como galegos !
N: Este non o coñezo, ¿terá saida?
M: Veña vamos, ¡malo será!.
Boas noites.
20901
1 comentario:
En Betanzos compartimos mesa y mantel con estes homes da Chaira, boa noite
Publicar un comentario