Non era de esperar menos do CCR; sempre na súa liña ascendente que nos fai sentirnos na gloria. Dous grandes compañeiros de ruta o voso colega e socio "
ManuAllBrain" (coñecémonos nunha inspección nunha ruta de Taramundi e descoñezo o seu avatar) e, meu colega e socio de equipo Correcamiños: Alacarayo. Impecable compañía que, mesmo en ocasións, deixábanme gozar da soidade daqueles montes e logo se me aparacían como de "a nada".
A ruta do melloriño con terreo en perfectas condicións, segundo o meu gusto. Nada malo que dicir dun percorrido bastante duro, suficientemente marcado e con zonas técnicas ben sinalizadas e divertidas.

A compañía na cea correu a cargo de grandes personalidades do actual panorama de BTT da nosa zona (sin esquencer outros ausentes) ; o devandito, un luxazo que aínda sigo saboreando compartindo temas de gran actualidade e preocupación para todos nos e bañados con bo humor, cerverza (Estrella por suposto) e outros caldos.
Un detalle que non quero que pase sen mención foi o reparto de os membros do CCR por as mesas entre os participantes da ruta; pareceume un gran detalle que, si cabe, fai máis destacable o bo facer deste club e remarca o obxectivo de reunión, participación e divertimento que deben marcar estos eventos. Os Riazores non defraudan. Unha tarde que conta!
¿As fotos?: moitas e boas.
Boas noites.
16430
No hay comentarios:
Publicar un comentario