miércoles, 9 de septiembre de 2009

Serra do Xistral.-


Algunhos datos de interés do monte que nos vai separar do mar. Non sei se valerán para moito pero siquiera pa saber o qué pisamos, a partir de ahí non hai volta atrás.


A Serra do Xistral forma o núcleo do macizo montañoso que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os montes da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes do Buio e dos Cabaleiros, na caida do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo.

A Serra do Xistral deita augas no Cantábrico (Landro, Ouro e Masma), na Terra Cha (bacía do Miño) por Abadín, e no río Sor e no río Eume. A Serra do Xistral e a ribeira alta do río Sor son lugares de importancia comunitaria pertencentes á Rede Natura 2000 e están declaradas espazos naturais protexidos dentro do réxime de protección xeral.

A Serra do Xistral ocupa 22.964 ha. e a súa altura máxima son os 1.046 m. do Cadramón. É a zona de Galiza que menos sol recibe e a frecuente néboa que percorre as chairas elevadas da serra do Xistral deixa abondosas precipitacións que enchoupan as súas extensas turfeiras de pasteiros. A paisaxe está deshabitada, con só pequenas aldeas. Nos seus prados críanse cabalos e vacas en estabulación libre.

Fonte: Galipedia.
(Contido completo)
8605

No hay comentarios:

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...