Solicitábamos compasión, e... sí, o sábado moita compasión, pa empezar a ruta con 46 Klm e según íbamos saindo xa iban poñendo o ritmo ... un que tiña que vir rápido pa festa da sogra, outro que se iba de boda a Coruña... ¡como pa ir esperando o da queimada...! jejeje; Decía meu pai (DEP) o que sabe trasnoitar tamén sabe madrugar, e se non que aprenda.
A ruta era conocida para nos, Pau da vella - Pozo da Onza, pero o bon de JH soupolle dar o toque que, para min tamén, parece mais amena. A parte de pista faise o primeiro con o que as tremendas vistas a esquerdas do mar e todo o litoral vai compensando o sufrimento da subida. Destacar o bo amenizar en este tramo de todo o grupo, pero en especial, de Siriux que entre os contos foi entretendo o grupo. Muy destacable a actitude de Ruteiriño, que en ningún momento se queixou do falar natal do grupo, e e mais, pedía que continuaramos a falar así, que él entendíao; ¡sí señor!, eso é mostra de cosmopolitanismo, saber tar, e ter unha mente aberta para saber que a xente falando na sua lingua síntese realmente a gusto; esto tan necesario en todos os sitios para todas as xentes, pero bueno xa se sabe, outros non o entenderan nunca: hai madeiras que non agarran o barniz. ¡Moi bo Ruteiriño!.
Por o demais da ruta decir que o "momento orgasmo" foi cando vimos o Pozo da Onza con aquela cantidade de auga, que por un momento, dudei que fora suficiente. Pero bueno, a estas horas seguro que a poza chegaría o seu nivel.
Bo día.
P.D.: ¡Mais pallaaaa!, ¡Mais pallaaaaaaaaa!, jaajajajaajjajajajajajaj
3895
No hay comentarios:
Publicar un comentario