viernes, 10 de abril de 2009

Explorando.-Día I



1798
Despois de once horas e media ciclando e explorando quedou perfilada a primeira parte do Desafío 2.009; que é a parte que tíñamos menos dominada, o resto penso que o temos mais sinxelo; a última, se "se pode facer", tamén ta en track. Foi un día agotador que cerrou cerca das once da noite voltando por carreteiras de monte e con a noite pecha derriba. 
As 10 da mañá xuntámonos Marín e mais eu no bar e logo chegou Segundavuelta; expliqueilles o "plan do día" sobre a cartografía en papel que traía Marín e comentamos a totalidades do percorrido.

As 10:30 comenzamos a andadura na Praia das Catedrais que na ruta será o último tramo hasta S.Bartolo. O pouco de sair rompeume a patilla do cambio e cambiena ipso-facto; continuamos ruteando. Despois de pasar S.Bartolo un pao dobloulle o desviador a Marín; fixemos una reparación de campo para que puidera voltar o coche e o resto seguimos cara a Cornería. Segundavuelta despois de enfocarme cara o pico e darme unhas explicacions das intencios que tiña para facer alí tubo que irse. Eu collin aire e comencei a subida. Alí, aproveitando as fabulosas vistas, comín e continuei cara a Caseta de Cornería para despuis enfocar unha baixada de vértigo: peligrosísima; de feito logo busqueille outra alternativa pois esta que dice Segundavuelta paréceme excesiva; ainda que "baixar tamén se baixa" eh!. O resto xa era unir esto con Penabor atravesando Celeiro e S.Esteban e pasando rente a cascada por aquel precioso sendeiriño. 


A baixada de Penabor e "alucinante" un sendeiro de baixada aberto por as motos e con a única dificultade de caer o "rego da roda" pero que pode ser fenomenal. Logo despois de marcar un Waipont con "Sigo mañán" abandono o trazado da ruta e chego a casa de noite e con unha famedoente.  Comín aquel "pulpo con macarrons" como o maior manjar xamais preparado. ¡Que fame traía! 


Cando analicei os datos quedeime de pedra:

64 Km recorridos; soio 64 Km.
7:30 Horas en movemento.
2.220 mts de desnivel acumulado. 
490 mts de cota máxima.(Caseta Cornería)
29 Km subindo (4:33)
5,3 Kms de llano :(0:30); esto é o impresionante; aquí non hay chaos; ou se sube ou se baixa.

IBP do percorrido: 190


Esto son os datos sin depurar; que despois quedarán en menos; ainda que non vai baixar moito; pois voltas cegas e retornos sin xeito fixen poucos. 

Beleza: aquí é onde vai tar o bálsamo para aplacar o dolor de ese IBP; as vistas e a beleza do percorrido e indiscutible. O asfalto písase pouco, ainda que se agradece de ¡carallo! en él van descansando as perniñas; por que no resto, nin baixando.

Oxe contaba unir "Sigo mañán", Comado e Mondigo, pero xa levo un pedazo oindo a Ofelia: ¿Pa onde vas?; vai arracar eses tocos das berzas que van dar ocálitros; ¿por que non lle abres o invernadero os tomates, que ainda an de afogar alí dentro?, etc, etc; sin contar as que oín onte cando cheguei morto de fame e de noite pechada; pero o que naide viu era o brillo dos ollos que soio un se pode ver cando ta contento e gustoso de una actividade rematada e a gusto, moi a gusto.  


Bo día.


P.D. Gracias A nuska.

No hay comentarios:

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...