lunes, 20 de abril de 2009

Memorias de un neno labrego.

1968
Memorias de un neno labrego.-
-------------------------------
"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre". (c)Xosé Neira Vilas.


Hai esceas que pasan inadvertidas e en silencio para todos, menos para tí. Quedan tan dentro que non sabes que facer con elas e o fin decides contalas se non empezas a notar que reventas; as veces son esceas cortiñas, duran unhos segundos pero ... bufff como tan. Esta é a miña que vos deixo aquí por que a teño que sacar e compartir con vos se non ...

Ocurriu en esta fabulosa marcha o Monseivane en un tramo dos que mas me gustou, todo esto foi en segundos pero que duraron unha eternidade na miña cabeciña, este é o relato:

Baixada de camín de terra con moito barro, moito moito barro, pero moito as rodas todas petadas de lama, a velocidade de baixada: impotante, pouco moderada ... entrábase en 100 m. de carretera asfaltada con algo mais de pendente, viña en 44x13 meto 44x11, sube a velocidade, un cruce con un desnivel que lle fixo voar a francesa; en aquel momento notei que iba "pasao" pero ben, iba voando non se podía frenar ... , o aterrizaxe era pista húmeda de graba fina e terra, a lama saltaba das rodas e inundaba todo facendo unha estela atras e salía despedida por a roda dianteira, de repente intuíase un cruce 90º esquerda e con moita xente que o custodiaba; oía berrar, berraban moito .... "frenaaaaa", "paraaaa", "¿onde vaaaas?", "Dios vai toooolo!!..!!", "xa non para", decía todos. Subin tres dentes e mentres clavei o freno e se oian as rodas derrapar no chan arrastro; mentres oin unha voz de neno, unha voz, non o vin, pero era a única voz que ainda que "debil" era a que eu oía na miña cabeza e silenciaba todas as outras, unha voz que ansiaba un momento de acción, que desexaba o que nos gusta os nenos, "paixón e ferro a fondo", "jolpe de pistón sin frenos", "derrapar das duas a un tempo", dinme conta que era o seu momento, o momento de aquel neno, tal vez tamen se chamaba Balbino, o intre que tubo esperando toda a mañá, ese derrape que centos de veces soñou facer con a sua bicicletiña de rodas gastadas e nunca lle saiu; ¡Dios!! era aquelo o que lle daba tantas voltas e tanto entrenaba na aira:"Sair magado do cruce en baixada, darlle mais ferro, coller velocidade, sair voando e aterrizar derrapando das duas rodas a un tempo facendo un boureo do demo que hasta os veciños sairan a porta ver que pasaba", ¡era eso!, ese era o seu derrape, taba alí diante, podíase facer, era ese o que tanto soñara. ainda que non iba en esa bicicleta ÉL ERA O PROTAGONISTA, porque era o seu derrape.

Por eso eu soio oin unha voz:

¡DALLE, DALLE, DALLE, DALLE, DALLE, DALLE, ¡COMO DERRAPA!, NON FRENES MAIS, NON FRENES!!, AHÍ, AHÍ, AHÍ, AHÍ, DALLE, DALLE, DALLE, DALLE, DALLE......

E así foi, ainda ahora sigo pensando como logrei sair de aquela curba de 90º a esquerdas e a aquela velocidade, seguro que alguen me axundou, tal vez unha voz; pero xa me quedo mais tranquilo o campartir ese "momento" contigo, porque seguro que tamén soñache de neno con ese derrape teu que espero sigas entrenando.

Bo día.

PD. CC.Villalba-As Pontes; gracias por ter a Balbino por ahí e ... por todo.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Un día te dije que habías nacido para ser escritor, me alegra saber que escribes, aunque sea en un blog o en una servilleta...tus palabras encantilan al lector. Sigue tu rumbo, y recuerda que el primer ejemplar de tu futuro libro ya tiene dueño.

Maismar dijo...

Gracias hermosa. Moitas gracias.

Sé quien eres.

Un beso y lo que me pidas.

VCD dijo...

Moitas gracias por este agasallo Maismar, todo un placer para a imaxinación

Maismar dijo...

Hombre!!!, benvido por estes lares; ¿que tal as opos?; ¿saiu ben todo?

Bo día.

SPB - Lagos de Teixero. O retorno

Mañanciña de mtb Lagos de Teixeiro Style con cerca da cuarentena de klm. en donde non todos tiñamos o día ideal; tal vez traído por a noit...