17 Mártares Courelianos 17: Maestro, Mtr.Potasio, Marín, Furon, Gemelas, Marta, Snaucer, Ancas, Lucho747, Villa, Choren, Camilo, Prieto, E’anda_luz, Lobillo, Combat24 e o incombustible Picos.
Agradecementos: Marín, por a búsqueda, levar todo o peso da organización, exploración e coordinación; e incluso por ter sempre algo mais gardado. Furón e Maestro por as labores exploración e traballos de confección do evento. Camilo: por a magnífica asistencia con o furgón, sempre atento. A Casa da Bouza, por o magnífico trato e hospedaxe. A Marta: por o que dixo o Maestro. E a todos por facer posible que esto comenzara e concluira así creando un día memorable que conta.!!
Preámbulos: O sábado comenzaba xa divertido, colocando a bicis na furgoneta e preparando material para posibles incidentes, preveendo os provables mais fatales. A semana foi un ir e vir de mensaxes, chamadas, disgustos, gustos, recollida da roupa para coordinar e informar de todo.
Partida e chegada: O sábado As 16.30 tába o primeiro grupo listo para partir con o grueso da caravana hacia o Courel en coches, furgón e diligencia o resto faríao mais tarde. A chegada a Paderne xa nos presentaba como son as comunicacions e os reducidos espacios que se manexan en esa zona, non sobra o sitio e para moverse hai que tomar medidas e a forza para subir é fundamental; dudábamos se os que quedaban darían con o sitio. Rápida hubicación e baixada a Seoane tomar uns refrixerios e rápida volta para a cena.
Cena e velada: O ambiente de divertimento caracterizou todo o fin de semana pero na cena intensificóuse mais con momentos de desternillamento, incluso antes dos chupitos.
Quero aquí destacar a magnífica atención, o profesional servicio de esta casa rural A Bouza de Paderne que nos hospedou e acolleu. Un lugar recomendable con unha cociña caseira e con estilo. As estancias impecables combinando modernos diseños con nobles materiais. Todo exquisito e adornado con unhas atencións extremas que nos fixo sentir muy agusto, en familia. Gracias a Marta a sua nai e a a sua aboa que nos entretuvo no fin da tarde, ainda que non quedou claro quen entretuvo mais a quen.
Despois da cea pasaríamos a sala en donde se proxectou un reportaxe emotivo que Marín creou agradecendo a Mtr.Potasio e Maestro a sua labor en este mundo do MTB que serviu de semente para estos bonitos eventos. Incluso se presentou o que podería ser o Desafío 2.011.
Previos: Amenceu cediño, algunhos as 7:00 xa taban mirando o día por a parte de fora. Sol espléndido. Despois de un rico almorzo, e sin prisa, preparámonos para comenzar a ruta. As 9.30 tábamos en marcha despois da foto de grupo en Paderne que se brindou a facer a lugareña.
A ruta: O terreo do Courel é para ir moi atento o chan. O chan de lousas que en sitios de sombra tan húmedas fan auténticos zonas de resvalamento que en eses casos e millor desmontar. Eso caracterizou os pasos por as zonas de sombra e que xa nos avisaba nada mais comenzar. ("Orgasmo extasiado") Dende Paderne chegamos o Camping por un sendeiro vello con zonas de paso complicadas ou imposibles de ciclar que tuvemos que librar facendo cadeas humanas transportando a bicis. A partir do camping comenzaríamos outro tipo de terreo que nos poñía en aviso do que nos presentaría o día: unha contínua adaptación os distintos paisaxes, diferentes sendas, e infinidadade de terreos que se irían sucedendo e creando tramos perfectamente diferenciados. Así chegaríamos a Ferreirós de Abaixo ("Mulleres e champagne que mais se pode pedir") para continuar en torno o Lor; un senderiño recientemente recuperado.("Ahí vai c'a taquilla pa As SanLucas") Chegaría a hora do gran avituallamento e continuaríamos por esa senda de sombra hasta comenzar a subida o colososo do día. Unha subida larguísima por pista, as tres da tarde e con un sol de xusticia; en ese tramo pasou de todo a todos("...por agua, eu aviso ahora, alí arriba non hai nada; ¿Explícome?"). A chegada a Pía Páxaro foi un momento desexado e celebrado, era subida o cumio da ruta. Foto do grupo e rápido para baixo ainda que as vistas dende alí eran para quedarse a vivir, a brisa fría espavilounos. En un momento tábamos no Campa da Lucenza e encarábamos a Devesa da Roguiera para cruzala, un entorno de vexetación sin igual que moitos penssamos en voltar para percorrer a pé; tremendo tesouro de vexetacion e lugares do paraíso para deterse a contemplar. Despois do avituallamento da tarde empezaría o fin de festa con o tremendo, seguro e rapidísimo desceso para voltar o camping, felicitacions, alegrías e exaltación de doce horas facendo MTB de gran nivel, en todos os sentidos.
Posterior baño no río de todos os miembros, a auga tampladísima, e volta pa a casa.
Incidentes: O lugar préstase a averías e pinchazos por o que se recomenda ir preparado, cousa que este grupo soupo e sabe facer maxistralmente. Pinchazos: Mtr. Potasio, Lobillo con cambio de roda completa, Furón, Maestro, Villa e Ancas, axuste puntual na Francesita na sua zona0 e bastantes calambres de diferentes miembros do grupo na subida o Pía Páxaro, algunhos tuveron que ser contrarestados con pasión, sufrimento e medicación para alcanzar a cota. Momentos de dolor mezclado con tristeza que soio podían aplacar o valor e o sacrificio.
Pois así se cerrou e conclui un desafío que nos puxo a todos o límite e fíxonos ganar un punto mais en esa autoevaluación, e sobre todo un desafío que nos xuntou, si cabe, mais a todos pero que nos deixou exhaustos o fin de un límite ainda descoñecido.
Fíxose por que non sabíamos que era imposible.
Fíxose por que non sabíamos que era imposible.
Bo día.
1 comentario:
Boa rota, sim senhor, Devesa de Paderne + Rota do Lor + Lagoa de Lucenza + Devesa da Rogueira....
Publicar un comentario