Ruta endurera 100% de alto nivel de sendas, nord shores, pendientes ... en un trazado de confección noble pero non ausente de tramos emotivos donde a adrenalina foi necesaria para xestionar algunha trazada ou voo, casi ilegal para a Trance , sin mais consecuencias que algún berro seco de Panoramix. Tamén foi certo que debido o embarado e húmedo do terreo en algunhos sitios, houbera sido necesario outro tipo de "calzado", tuven dous avisos leves que fixo que se activara a alarma básica da sensatez e abandonar, sin facer ruido, no último tramo xunto con dous compañeiros do cuarteto formado por Brais, Carlos, Mateo e eu que, moi consensuados fomos a la limón. Foi Mateo, mellor calzado que ninguén da grupeta, a bordo da sua Spark o que completaría todo o divertidísimo percorrido que, salvo algunhos lugares con alternativas, é apto para todo o mundo sensato. Enduro de moita calidade e cosmopolita, por definición.
Mención especial a xente de os avituallamiento por a sua impagable labor e detallada atención. Gracias.
Foto Abel.
Destacar importantes reencontros con vellos compañeiros do sector radical do pedal con os que facía unha pandemia enteira e pico que non coincidímos; algunhos con abrazos de hasta oito segundos. ¡¡Grandes!!
Xa somos un puñado os que quedamos citados, sin ánimo de luxos e por total coincidencia, para voltar en tempos mais secos e menos fríos para completar o que a prudencia e a sensatez esta vez nos arrebatou. O sitio e esas xentes que, tan maqueado o teñen, ben o merecen e nos tamén.
Agradecer a todos a impecable organización, inmenso traballo e gran acollida que nos deixou tan boas sensacions; tantas que ameazamos con o noso retorno, humilde retorno.
O siguiente enlace mostra un video, que me mandara Keiko, que recolle o motivo po lo que o abrazo durou 8 segundos, Zagato temén o había visto ainda que él xa quería soltar no 3: tranquilo que che quedan 5 ...🙂
Hoxe foi o día en que cada un mostrou unha das suas millores versions:
Ruta de Choren.
Mecánica de Killo.
Imaxen e video de Mateo.
Confidencias de Pepín.
Textos de Maismar.
Choren foinos levando por o Pena Rubia menos coñecido inxeniando un percorrido que canto mais se acercaba a hora prometida de chegar mais nos alonxábamos facéndonos poñer en duda se o "prometido" se iba cumplir. Os mais vellos: Pepín e eu dudosos da situación non deixábamos de encuestar o intrépido comandante da expedición. Él respondía o que se lle ocurría pero certo foi que prometidas as 13.30 atracabamos en Lugo as 13.20 como cando os navegantes collen a cola de unha tormenta.¡Chapeau! por o capitán.
A Killo ocúrreselle pinchar cando millor se iba poñendo a ruta entre sendeiros e baixadas:
- Choren: no te ambientehmuxo con la bajadah que viene Pepín".- como se Pepín fose o problema nas baixadas, estos andaluces ...
Alí o home saca de mochila e empeza a dar aire sin mais resultado que a rotura do seu propio bombín, por chamarlle algo. Un argallo que mais ben parecía un xoguete mercado nunha feira de xoguetes de segunda man.
Mateo empréstalle outra bomba pero non consegue enganchar a válvula: liouse entre a gorda e a flaca mais un adaptador que leva o improvisado mecánico e que ainda non sabemos para qué. Cando se cansa de modicar a bomba para flaca e gorda, quitar e poñer adaptador chegou a conclusión que a bomba de Mateo non funssionaba. O final saca Choren a súa, o que parecía un prototipo experimental de Specialize, con un mínimo recorrido e un adaptador de válvulas que tardaron en resolver. O final aquelo empezou a meter aire e conseguiu encher o buche de aquela roda. De seguido o reparador pon a mochila o lombo con ánimo de seguir e en ese intre a llanta xa estaba no chan.
Inmediatamente desalbardase e quitando a roda empeza o largo proceso de sustitución de cámara. En 40 minutos estábamos en marcha despois de reparar e xerar o momento divertido da ruta.
Mateo foi grabando algunhos videos e facendo fotos do que todos queríamos que fose imperdible do día e que, ademais de frío, nos alegrou a mañá: a reparación que parecía imposible de aquel inexperto mecánico que o final resolveo.
Pepín entre risas e adaptadores amenizou a espera aportando moi bon material audiovisual de situacions da vida real de un cautivador con clase. Un material qué él tiña e terá gardado no seu móvil soio para ocasions de longa espera con posibilidade de hipotermia; foi a maneira que non fixo falta encender fogueira. Tan boa calidade transmitían os comentarios dos espectadores que hasta o mecánico desentendíase da sua principal tarea para disfrutar de todo aquelo.
- Killo, ponte a cambiar a roda.- Increpaba o resto como si o aumento de aforo disminuira a cuota de pantalla por espectador.
Eu aquí dieixo este testimonio escrito e documentado de unha boa mañá entre inmellorable compañía disfrutando do noso e de nos por os Montes de Pena Rubia.
Espero que se disfrutara e transmitira esos momentos de complicidade que fixeron de este día un día que conta.
Próximo proxecto de travesía con saída de Salamanca, cruzar o Norte de Portugal e chegar a Compostela por o camiño que no seu día, en 1737, trazou e percorreo D.Diego de Torres Villarroel. Aparenta ser un trazado moi equilibrado e, sobre todo, de gran variedade de paisaxe, flora e fauna; así como unha recopilación de sensacions para non esquencer. A viaxe será con Keiko, inmellorable compañía para estas aventuras e a bordo das duas rodas que tanto nos fan disfrutar. Temos unha previsión de 10 días e un orzamento económico a cumplir. Esperemos que todo vaia según o previsto, imos vendo.
Agradecemento a estas duas páxinas. A información que aportan é moi aconsellable leela; ademais, da primeira, recollemos os imprescindibles tracks para a navegación.
Incidentes: A auga ou e aquel xel enerxético mixturado con o inhumano calor as 13.00 horas sobre as bicis provocaron unha indixestión e mareo. / Solución: reposo baixo a sombra do pareo e auga po la cabeza como si sobrase.
Cincha trasportín Trance soltouse/S: 3 bridas e a seguir.
Paraxe: Dehesa salmantina.
Animal: Serpe, 1 Toro bravo.
Plantas: Alcornoque, girasol.
Lembranzas do día: Despertar na tenda no Camping Vía de La Plata en Salamanca. Calor do inferno. Ver unha serpe de 1 m. cruzando a proa. Momento desvanecemento as 13.00 horas a casi 40⁰ e lonxe de calquer lugar. Acollida na piscina e entrega de chaves do albergue de Sonia, alcaldesa de Robliza de Cojos. Hoxe éramos os únicos peregrinos onte estaba completo.
Animal: Ovellas, 2 zorriños, un de eles era mais curioso.
Plantas: Alcornoque.
Para Lembrar: Zonas técnicas de grandes desniveles en baixada e con suelo de pedroleo. Dudoso momento o ver o rebaño con tantas ovellas e no medio unha única cabra; unha ledicia foi non ter que aturar os ausentes cans con os que contaba.
Acollida no albergue por Aurora, unha boa muller que nos veu recoller o bar donde comíamos. Resultou ser a viuda de Jacinto Martín García; gran peregrino a Compostela e despois hospitalero aquí por o que o albergue leva o seu nome; D.E.P. Foise novo quedóuselles na operacion do transplante; según me contou Avelino, o anotador da tabla que
servía de marcador da pentanca. Partidazo, ben pensamos que ganaban os franceses, o metro foi decisivo en algunha xugada, íbase moito o milímetro e os franceses veña a desplazar o boliche.
Animal: Lebres, zorro, 90 toros ou mais, lagarto albergue.
Plantas: Alcornoque, carrachos.
Para Lembrar: bon discurrir. Casual e gran acollida de Paco Bustillos, orixinal de aquí dentista en Ferrol; solucionou tema albergue e presentación do pobo. O nome de este pobo responde a sua fundación por parte de os galegos fuxidos aquí por mor da Reconquista. Selamos no Bar La Pista, como non tiña tinta humedeceo o selo con Vodka. Hoxe as 22.00 teatro; representaron pasaxes do Quixote e Dulcinea; foi curioso que o bon do home para o único que recuperou a cordura foi para morrer.
Incidentes: tropezo da Trance na area quedou con as rodas no aire e a bicicleta encima do ciclista; todo esto ocurriu como a cámara lenta/Solución: darlle a volta a todo e seguir adiante.
Calor de locura.
Paraxe: explotacions agrícolas,
Campos de labor,
Viñedos.
Animal: Burros aparellados, - Xunguidos lévanse ben, pero ceivos sin nada para facer sempre están a pelexar . - Dixo o dono.
Plantas: Freoxao, viñedos.
Para Lembrar: acollida de Xoaquina e o equipo do parque de Bombeiros de Pinhel donde, sin ser albergue, acollen o peregrino.
- Boas, dixéronnos en Información de turismo que aquí era o albergue.- Lle dixen os bombeiros da oficina e un de eles me responde.
- A informaciôn é certa mais nâo é precisa; isto não é albergue mais acollemos o peregrino que o necesite.
Moito me gustan estas ocurrencias dos portugueses.
Cadeliño manso de Aldea do Rei, era tímido e non se achegaba.
Plantas: viñedos, olivos.
Lembranzas do día: vellos camiños empedrados estilo romano.
Residêncial Dom Donis. En información nos dixeron que non había albergue de peregrinos pero ahí faríannos precio especial, así foi. Aquí pediron o certificado Covid Europeo, o da Xunta non valeo. Por Portugal o tema de albergues non está mui extendido por este camiño. Supoño que con o tempo se irán facendo.
Gracias a que levamos a tienda de campaña poderemos solucionar problema de hospedaxe ainda que sabemos que a acampada libre en este pais está prohibida pero vamos preparados para solucionar esto, ou eso penso.
Chegada a Trancoso, castelo e muralliñas da cidade; digo muralliñas porque eu son de Lugo. Ruas da parte vella.
Esta é a ruta que víña buscando, ten de todo, un soño de travesía.
curar os catarros e gripes. Tamén os usan para siropes, mermeladas e licores.
Animal: can ceibo aplacado con arrumacos e boas verbas. Viña bravo de carallo as 6:30 da mañá; meu probe.
Plantas: Salgueiro, frutales e pinos.
Lembranzas do día: sendeiros estreitos en baixada entre viñedos. Pendientes inhumanas por carretera. Acollida de Clara no camping de Lamego: un paraxe a carón do santuario da Virxen dos Remedios con vistas espectaculares. Espacios de acampada en terrazas tipo Machu-pichu. Espectáculo!!. Momento chill-out.
Paraxe: viñedos, estamos na Rivera do Douro. Carreiros empinados e empedrados tanto de baixada como de subida. Quintas.
Animal: conductor grúa que non cedeo o paso.
Plantas: viñedos.
Lembranzas do día: subida dende Peso da Régua a Fontelas: 1 klm subindo escalons, as rodas iban por a parte lisa e de seguido outro klm mais de asfalto; téñense ganado ofrecementos a moitos santos con moita menos penitencia. ¡Meu Deus! Os veciños confirmaron que o suelo antes era de terra; non o quero imaxinar pero quedou claro que calquer situación adversa é susceptible de empeorar.
Baixada empedrada a Ribeira de Seromenha
cruce da preciosa ponte e subida hasta Martir, o nome xa o dí todo. A temperatura vai millorando e permite ciclar a tarde. Boísima idea de Keiko de coller un bungalow para hoxe aquí en Amarante; fai falta descanso.
Incidente: reaxuste de freno Antenitas en Bike Zone de Guimarâes; bos profesionais.
Seguimos con sellados automáticos.
Paraxe: abandonamos os viñedos e adentrámonos en zonas de ciudades e poblacions importantes.
Animal: domesticados, con correa e sin ela; gatos de cidade: observadores e escapistas.
Plantas: mais de cinco en algún edificio; pero normal é que tuveran duas ou tres plantas por bloque.
Lembranzas do día: Acollida no Camping Municipal de Braga. Xusto a entrada. O paso por cidades como Guimarâes e Braga fan lembrar os orixes ancestrais de este pobo. De aquí parte a Vía Romana XIX que tamén vai por Lugo. Pasamos por Morreira, nome que me lembra unha canción portuguesa e o seu 25 de Abril.
Incidente: seguimos sellando: as rodas en automático as credenciais dos peregrinos en sitios escollidos.
Paraxe: hortos, terreos de labor e bosque europeo.
Animal: o polo do Rte. Constantino, da carcasa saiu aquela sopiña que me reconfortou a alma, do caldiño un sabroso arroz e do resto ¡Que estofado!
Plantas: nos hortos había de todo, hasta pexegueiros, perales e manciñeiros bravos. Nos bosques: carballos, piñeiros e, incluso, ocálitros.
Lembranzas do día:
Aquela sopiña de polo con sémola do Rte. Constantino de Rubiâes servido por Andrea que nos falou en un castellano moi de Valladolid.
- O frango ¡Que sabor!; Lle dixen.
A temperatura xa é axeitada. Estábamos rodando as 15:30 e aguántávase ben.
Cruzar a Ponte de ferro Internacional de Tui é unha experiencia que poucas veces se vai a repetir na vida de un home subido a sua bicicleta vindo de cruzar o Norte de Portugal: ¡Momentazo!
Recepción no Convento das monjas por Maite; ven podería ser a nai superiora pero a cousa aquí debeu ser por aposición: ten pinta de que a oración a practicou pouco.
Despois da ducha recuperadora tomar unha 1906 despois de vir de beber as Super Bock é como sair do instituto e ir estudiar a Coruña. Son outras materias.
A cidade de Tui ben merece visitiña con mais calma.
As cenas con comidas rehidratadas, que iban de respeto, son un gran invento. Cómodas de preparar e con sabor.
Tui - Plaza do Obradoiro en Compostela (sobre 140 klm do tirón).
Xoves: 19/8/2021.
Diana: 5.30
Saida: 7.30 Puido ser antes pero o sacar unha
bicicleta cerrouse a porta do
convento e non podíamos entrar por a outra. Moitas pedriñas tirei a aquela festra donde estaba a última peregrina que quedaba dentro: unha hora despois abriu.
- Oía ruido pero pensé que era el viento.
- O vento ... -pensei para min-
Caldas de Rei: 14.00 Xantar e seguir. Despois habería que descansar, o camiño facíase duro.
Chegada: 18.00
Incidentes: a porta que se pechou no alvergue, mala elección do xantar, albergue que xa non recibía no Monte do Gozo, era tarde, a cociña xa non daba ceas ... ingredientes de final apoteósico. Era de esperar, nada é fácil cando o obxetivo é próximo e, total, a aventura parecía remada.
Paraxe: Terra de Rosalía de Castro, viñedos emparrados, campos de maiz, outros terreos de labor, a Galicia coñecida.
Animal: tres gatiños do último bar antes de chegar o Obradoiro.
Plantas: moito maiz se sementou este ano ...
Lembranzas do día: ver o mar foi un momentazo, eu hasta fun mollarme na auga salada.
Redondela. O mar.
A chegada o Obradoiro foi un sinfín de sensacions donde a gran velocidade pasaron os cerca de setecentas vivencias nos outros tantos kilómetros recorridos. Había que saborealo a pé. Non foi fácil de asimilar pero xa estábamos ahí, obxetivo cumplido no tempo previsto; sabíamos que era posible pero confirmábase que non foi fácil e momentos de dudas témolos todos. Ainda así aconsello e animo a recorrer o Camiño
Emparrados.
Torres é un Camiño a Santiago diferente mais próximo a unha aventura que te pon o límite que a un peregrinaxe o uso; pero ide preparados, moi preparados, pode pasar calquer cousa ...
Ah! E si me preguntas si volvería a facelo a resposta é un rotudo: SI VOLVERIA, mañá mesmo.
Foto: Brais. A cámara ten soio "olliños" para él. Mateo, Manolin, eu, Lucho, Pepín, Dioni, Brais. Po lo chan: Pepe e Picos.
En algún domingo de aqueles promovidos por a ansia de neve ...
Moi aproveitable para a práctica do MTB esta mañanciña por os montes de Penarrubia que amenazaba choiva e viña en paralelo as prediccions meteorolóxicas que voltaban a ser soio falsas amenazas e prediccions sin fundamento científico: nin unha gotiña caeo para, po lo menos, xustificar o porteo do timado chuvasqueiro.
O ascenso o xeodésico discurriu mais en busca de neve que en aforrar camiño de chegada e pouco despois de Penarrubia capital cando atopamos un pradiño que foi a delicia de todos e donde se cubriron os neumáticos e tamen as ansias por o desexado elemento e do que o bon de Brais quixo deixar testimonio gráfico en este video.
Despois de disfrutar e ainda non fartos de derrapes de traseira, de resbalós de dianteira, de bolos de neve, e arrebolos de equino que se marcou algún continuamos viaxe na procura de outras sensacions do blanco elemento.
Foi no alto do xeodésico donde fixeron parte do reportaxe gráfico os compañeiros, esta vez a miña cámara esquenceu o quente.
Sin sabelo ainda iba ser este o lugar de ecuador da ruta debido a acontecementos axenos o cuidado do material e que despois xurdirán, non adiantemos acontecementos.
Dende alí emprendemos a típica baixada por o sendeiro que estaba en condicions delicadas con raices e terreo moi mollado e por esto non fomos quen de coller por o Kawasaki baixando por a pista que presentaba un bo firme e a pesar das pedras soltas incitaba a deixarse levar, habia flow; oíanse berros de disfrute e jolgorio. Ahí todos, ou eso parecía, fomos disfrutandoo hasta que no fondo da baixada nos demos conta que faltaba un. No estaba Manolín, home de carretera metido a monte por invernía e que carece, de serie, de ciertas habilidades que esto require. Unha inquetante espera daba para pensar de todo.
Pouco despois aló asoma un casco e un home baixo él a berro tendido do que se lle entendía ben pouco pero que clarificou o chegar o grupo:
- Caíame o pulsómetro, caíame o pulsómetro, traio o soporte bailando no manillar.
Libres do susto continuamos a baixada, xa sin mais neve que a que quedaba nos bordes do camiño, este era un regueiro hasta chegar o fondo donde se formaba a amplia poza que houbo que badear sin mais consecuencias que os anteriores badeos e que hasta o momento non nos deixaba moi mollados.
Cando xa retomábamos a ruta para recuperar altura oense murmullos no medio da grupeta donde a palabras mais claras eran: "gafas", "200 euros" e "perdeu". Estaba claro: a ruta chegaba hasta alí, Pepe perdeu as gafas e, claro, o ser él andalú decía que non eran ruiñas.
Aló voltamos por os nosos pasos en busca das gafas perdidas. En un principio fomos con cierto incomodo pero entre a empatía, o supuesto valor do botín aderezado con o valor da, despois incumplida, recompensa retomamos o bo jolgorio que traía o grupo mentras o damnificado nos iba contando as peripecias, os compoñentes, os outros cristales de aquelas gafas e tamen o montón das cintas aislantes e pegamentos que xa tiñan encima as patillas que poñían en evidencia a pila de anos da "preciada pérdida" e que a alguns incluso nos traía a cabeza ese home que anda por a nosa cidade con unhos anteollos oscuros todos remendados e tamen, as veces, se fai acompañar de unha videocámara de idénticas condicions estéticas que él simula operativa. Ahí coincidían tamén: ten unha videocámara que soio sae él. Tecnoloxías da cordura ...
Todo esto armonizaba con a baixada do interés do grupo por aquela búsqueda que o final resultou estéril. No retorno fómonos encontrando con outros ciclistas que viñan en sentido contrario e que o desolado perdedor das lentes lles iba disparando a pregunta:
- ¿Vistei unas gafa, vistei unas gafa? .- A resposta sempre foi a mesma.
Despois de rematar o percorrido de volta estábamos no Xeodésico, lugar donde fixéramos a foto de grupo e constituido, para desgracia de algún, en ecuador da ruta.
A conclusión, hasta ahora non escrita, sempre é a mesma: si cae algo de valor de unha bicicleta nunca se encontra, algunhos bidóns da auga aparecen sempre.
A volta desde alí xa foi con mais alegría e menos intriga badeando charcos e subindo o ritmo segun deixou Mateo recollido nos siguientes cortometraxes de boa intención e millor resolución dos cuales quedamos agradecidos. Eso sí, xa non chegamos sequiños e Pepín reclamaba o camiño mais corto para chegar a casa, o quente.
Hoxe amenceu como calquer día de ir a montaña: moi cedo; é a única maneira de ter o día por diante para facer a andaina con tranquilade.
Xuntámonos Pardo, Lopess, Victor, Xaquín e Loba para percorrer o track de J. Armesto por o entorno de Ancares facendo cumio en Tres Bispos e pasando por a Campa de Brego. Unha ruta de alta montaña que con as precaucions requeridas resulta moi entretida para pasar un bo día.
Pouco despois de medio día xa estábamos de volta no Albergue dos Ancares. Ruta recomendable de baixo consumo calórico⌚, cousa que non preocupaba, pero fai pleno en presentación de vistas e paisaxes as tres comunidades colindantes Asturies, León e Galicia.📷 A maior parte do recorrido é por sendeiriño de a pé, recoméndase ir de perneira longa. Fixemos incluso incursión fora de track que artellou un momento aventura-incertidumbre. Comida en Brego a refuxio cerrado na compañia das rubias galegas.
Día que conta e que amenaza con posteriores e esperadas convocatorias.
Pardo tiña todo previsto e xuntou unha grupeta moi ben avenida, e así todo sae ben.
Da casa C.C. Correcamiños o Sr.Lopess fixo de guía aventureiro o de escribano o que escribe.