miércoles, 24 de junio de 2020

Tres Bispos con Pardo e Loba.


Grupo na Campa de Tres Bispos.

Hoxe amenceu como calquer día de ir a montaña: moi cedo; é a única maneira de ter o día por diante para facer a andaina con tranquilade.

Xuntámonos Pardo, Lopess, Victor, Xaquín e Loba para percorrer  o track de J. Armesto por o entorno de Ancares facendo cumio en Tres Bispos e pasando por a Campa de Brego. Unha ruta de alta montaña que con as precaucions requeridas resulta moi entretida para pasar un bo día.
Pouco despois de medio día xa estábamos de volta no Albergue dos Ancares. Ruta recomendable de baixo consumo calórico⌚, cousa que non preocupaba, pero fai pleno en presentación de vistas e  paisaxes as tres comunidades colindantes Asturies, León e Galicia.📷 A maior parte do recorrido é por sendeiriño de a pé, recoméndase ir de perneira longa. Fixemos incluso incursión fora de track que artellou un momento aventura-incertidumbre. Comida en Brego a refuxio cerrado  na compañia das  rubias galegas.

Día que conta e que amenaza con posteriores e esperadas convocatorias.

Pardo tiña todo previsto e xuntou unha grupeta moi ben avenida, e así todo sae ben.

Da casa C.C. Correcamiños o Sr.Lopess fixo de guía aventureiro o de escribano o que escribe.

Boa tarde.

As FOTOS do día.

No hay comentarios:

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...