Ponte de Limia. |
Braga - Tui.
Miércoles: 18/8/2021.
Diana: 5:00 (+5 min. de zorreo)
Saida: 6:30
Ponte de Limia: 9.30 Espectacular!!
Rubiâes: 13.00. Bon xantar no Rte.Constantino.
Chegada: 19.00.
Incidente: seguimos sellando: as rodas en automático as credenciais dos peregrinos en sitios escollidos.
Paraxe: hortos, terreos de labor e bosque europeo.
Animal: o polo do Rte. Constantino, da carcasa saiu aquela sopiña que me reconfortou a alma, do caldiño un sabroso arroz e do resto ¡Que estofado!
Plantas: nos hortos había de todo, hasta pexegueiros, perales e manciñeiros bravos. Nos bosques: carballos, piñeiros e, incluso, ocálitros.
Lembranzas do día:
Aquela sopiña de polo con sémola do Rte. Constantino de Rubiâes servido por Andrea que nos falou en un castellano moi de Valladolid.
- O frango ¡Que sabor!; Lle dixen.
A temperatura xa é axeitada. Estábamos rodando as 15:30 e aguántávase ben.
Cruzar a Ponte de ferro Internacional de Tui é unha experiencia que poucas veces se vai a repetir na vida de un home subido a sua bicicleta vindo de cruzar o Norte de Portugal: ¡Momentazo!
Recepción no Convento das monjas por Maite; ven podería ser a nai superiora pero a cousa aquí debeu ser por aposición: ten pinta de que a oración a practicou pouco.
Despois da ducha recuperadora tomar unha 1906 despois de vir de beber as Super Bock é como sair do instituto e ir estudiar a Coruña. Son outras materias.
A cidade de Tui ben merece visitiña con mais calma.
As cenas con comidas rehidratadas, que iban de respeto, son un gran invento. Cómodas de preparar e con sabor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario