domingo, 23 de octubre de 2011

A libertade e ó cabicorno, a vida.-

    Traigo hoxe outro texto de meu amigo Furón, publícoo porque me parece moi bonita e me da pena  deixalo en unha carpetiña gardado sin compartir.

----oOo----

O cabicorno.-

"Aquela veiga, non era moito do seu agrado. Ainda que esta tiña unha herba xugosa e fresca, por mor que o prado pasaba dende primeira hora da tarde  ensobrecido.


Non lle gustaba, porque era costento e camiñaba por él con dificultade. Facíaselle unha tortura, mudar de un lado pa o outro. Polo fondo, había unhas maceiras que daban unhas mazás pequenas pero sabrosas. Os seus donos, non as apañaban, ela podía comelas sen temor. O malo era ter que baixar o fondo do prado con aquel demo de cabicorno...


¿Por qué a ela? As súas compañeiras estaban todas ceibas. Pero ela tiña aquel demo que a torturaba sen piedade. Ansiaba, ter a liberdade de poder cambiar o paso, poder moverse, deitarse e levantarse sen ter que acompasar incesantemente os seus membros. Aquilo supoñía un suplicio...


Ansiaba desfacerse d'aquel demo... ¿por qué lle puxeran a ela ese torturador  cabicorno?


O outro día, o pé da cancela da veiga, puido observar unha cousa curiosa: a seguinte estaca despois da cancela, tiña unha lata a modo de reforzo. A mesma, estaba enferruxada e medio solta de unha veira. Cando fixo o xesto pa erguerse, a corda quedou enganchada na lata. Volveu tirar, ca cabeza e notou como se esfiañaba.


Coma se dun resorte, descoñecido pa ela, lle dera o impulso comezou un rítmico e acompasado movemento de cabeza e pata, alo despois de uns minutos de frenético exercicio...¡O cabicorno partiu!


Moi lentamente comezou a erguer a cabeza disfrutando do momento, podía o movela sen ter que acompañala c'a pata. Deu unhos pasos vacilantes e, por fin, xa era libre. Votou toda a maña recoñecendo de novo o prado. Desde esa nova perspectiva que lle daba poder andar sen sufrir. Para arriba, para abaixo, para un lado para o outro, pas mazas, pas follas do millo do leiro da riba. Andúvoo todo, as veces cun pequeno trote que ha facía disfrutar enormemente.


Nos seus paseos foise decatando dunha cousa: había unhos alambres de picos que rodeaban toda a veiga.


Ollando pa eles pensou:


“A vida está chea de cabicornos...”


(Publicado aquí con o consentimento do autor.)


----oOo----




Acabicornar: Suxeitar cunha corda a pata dianteira dunha vaca ó corno ou ó pescozo para que non escape.




Boas noites.


Maismar.
39906

1 comentario:

AnA dijo...

ImpresionanTe; e éste un relato que amosa a RESILIENCIA, esa facultade de animais e humanos (neste caso púxose o exemplo dunha vaca ) de afrontar a adversidade e sobreporse ós contratempos, obstáculos e situacións de adversidade ( situacións adversas, temas que nos provocan estress, preocupacións….) que nalgún intre se presentan día a día nas nosas vidas; na vida de tod@s. Pero…por ser adversas estas situacións non sempre hai que velas como algo contradictorio, senón que o feito de sobreporse a elas e superalas, tamén nos fortalece.

Noraboa ós dous, a descrición é perfecta, o relato como xa dixen ó comezo. Aínda o meu corazón non late ó ritmo acompasado que debería despois de lelo... Sentireime identificada?.

Una forte aperta!!!. ;-)

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...