A compañía foi como escollida para que todos repetíramos unha das partes percorridas hoxe e lembráramos tramos anteriores con as suas anécdotas e deixamos grabadas outras na mente de cada un pa lembrar cando cadre outra. Contos e lendas tamen sairon que se alternaban con saudos e conversas sobre a marcha a veciños e camiñantes.
As 9.00 saimos rumbo o Primitivo por a porta do Carme para, antes de nada estrear en exclusiva un tramiño moi agradecido e agradable recientemente laboreado. O obxetivo de esta ruta era pasar unha boa mañá de btt o tempo que evaluábamos as duas alternativas que ten o Camiño preto do lugar da Retorta. Para esto tuvemos que ir por unha chegar a casa da Ponte no lugar de Mosteiro onde se xuntan e voltar por a outra, que, casualmente, foi a que escollemos aquel 24A. Unánimemente: esta foi a millor por bonita e enxebre a que vai por Xente, Valiña e Senade.
Non teño datos da ruta pero coido que Agpardo poñerá os mais significativos, kilómetros ten a bondos. Houbo dous pinchazos e algunhas chamadas os matopos como únicos incidentes.
Foi chocante que contamos o mesmo número de peregrinos por ambas alternativas, todos ele camiñantes. Por o kilómetro 28 do noso parcial falábamos con un que saira esta mañanciña de Lugo; ¡menudo paso largo que levaba! e con aquel mochilón.
O noso ritmo foi áxil na ida e aumentou a volta favorecido por o perfil e o peso de alguns dos compoñentes da grupeta afalados por ela que según nos acercábamos abrazábanos con mais intensidade e paixón humedecéndonos por completo. A chegada foi puntualísima as 14.00. Por non abrigarse a tempo algún confesaba algo de friaxe ademais de cansancio, no que tamén coincidimos ainda que Lopess decía tar igual de canso como cando saiu as 9.00; as madeiras boas é o que teñen: non fatigan.
As fotos prometidas do lembrado 24A. Compartése reportaxe con as xentes do clube Ciclisa Burela con os que cheguei a Santiago e o final tan as xentes do Bierzo de José Molina que aquel día tamén concluiron singladura dende Ponferrada a Compostela.
Boa tarde.
18034
No hay comentarios:
Publicar un comentario