domingo, 17 de abril de 2022

Camiño Inverno. Día 2.


Venres, 15 Abril 2.022

Villamartín (OU) - Monforte de Lemos (LU).

Saída: 8.00 Albergue Villamartín

Chegada: 17.00 Albergue Santiago 15

Esta mañá non tocaba desaiunar, todo cerrado tamén o pasar por a Rúa. O coller o desvío que leva Albaredos outro tropel de lembranzas e sensacións se suceden. Un pobo que sempre visitei con gran ledicia para ver aquela entrañable muller. O chegar visito a casa donde vivía. Alí unha veciña me informa que xa había tempo que finara. Estaba na casa a sua sobriña: chamei o timbre pero ninguén saiu. 

- Estanche durmindo -dixo o veciño -  pero dentro están que chegaron ontes.

O sair de Albaredos collín unha naranxa e un plátano de un cesto disposto para os peregrinos. ¡Que ben me sentou! 

Un pouco mais abaixo outro puxo un tenderetiño tamen self-servis donde escasquei catro noces e mentín na boca tres castañas secas de aquel bote xeneroso. Aquí había caixa de propinas, era mais moderno.

O tramo  desde Albaredos a Quiroga é do mais bonito que percorrín hasta ahora. Pobos que  parecen solitarios pero con as casas ben arregladas, en estos días con xente. Camiños vellos, cuidados pero sin modernizar. Subidas en pedra con as marcas de as rodas dos carros do país tantísimas veces recorridas en lenta procesión, baixadas precipitadas, un castelo solitario ...

Con Quiroga en festas tocou o xantar, era cedo pero quen manda aquí é a fame.

Chegados a San Clodio alegróume moitísimo ver a Manuel e facer unhas fotos con él; corta foi a conversa pero ben deitei de ela para o tramo que me quedaba: 33° , medio día e tocaba unha longa subida. 

Entretenida a baixada A Pobra de Brollón o resto xa foi moi rápido e levadeiro hasta Monforte.

 Mañá toca a xornada dura, pero eso será mañá.

Incidentes: chegando a Albaredos en un mal proceder rompe unha das láminas que soporta o ruedín inferior. Solución: con unha puntilla, e non das de Camariñas, e mais unhas bridas quedou arrexuntada a lámina rota. O malo do


arreglo e que o intentar subir o grande tocaba a punta nos radios. Esto solucioneino mais tranquilamente no albergue; mañá van facer falta todas  as coroas, e mais que houbera.


No hay comentarios:

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...