domingo, 17 de abril de 2022

Camiño Inverno. Día 3.





Sabado, 16 Abril 2.022


Monforte de Lemos (LU)- A Laxe (PO).

Salida: 8.00 Albergue Santiago 15

Chegada: 18.00 Albergue A Laxe.

Despois de un te e unhas magdalenas pobres arranco rumbo o Camiño; a etapa requería poucas esperas e gracias que a temperatura era fresca impoñía manter un bo ritmo cara a Maceda por un infernal asfalto que eslomaba. Na subidiña un peregrino descansando, dos poucos que vin. 
Por Escairón combinábanse  mais escenarios  hasta pasar a Portela en donde empeza o mais bonito da etapa: a baixada a Belesar por sendeiro empedrado que en cuestión de 2 klm. baixa mais de 300 m. de desnivel entre voltas e reviravoltas. Chegando a ponte do encoro as vistas entre viñedos son espectaculares. 
 Foi necesario tomar un cafetiño para asimilar todo aquelo e tamén para facer frente a subida por sendeiro empedrado, pero esto tamén espectacular pero menos placentero. Era o que tocaba hasta chegar a Chantada. Alí un avituallamiento para ir mentalizando o corpo para o porto do día: Monte Faro, serían 12 klm. con menos descansos que un día de sega; dos do trigo en Castela.
Fixo falta tirar de todo para quitar do medio aquelo; os estados de ánimo foron ó son das forzas restantes: de mais a menos. Encima concidio a mediodía e sol de xusticia: a penitencia plena.
O chegar a área recreativa repoñer folgos na fonte e rematar o resto da subida por o Camiño que aquí discurre por carretera de asfalto.
En varias casas pedín auga como para apagar lume; todo non chegaba a nada: o embutido do avituallamento reclamaba o seu, ¡Soio a min se me ocurre!
 Dende alí paradiña en Rodeiro para encarar hacia Lalín, compro cena na Frutería de Chus e remato o día no modernista albergue de A Laxe: bonito e moi recomendable.
Cena e para a cama moi cedo.

Incidentes: tabla de embutidos en Chantada:

exquisita pero non foi boa elección. Solución: auga.

O día resultou ser  o que prometía con unha longa etapa de importante desnivel acumulado concentrado en dous puntos esixentes; o segundo mais longo.



No hay comentarios:

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...