Xuntámonos 7 as 10 a.m. na cara soleada de San Fernando, a saber: David, Victor, Orbeatis, Vicente, Alberto L. e Nairo Quintana que veu o fin de semana a Lugo.
O ver a indumentaria de algún, fixarse na segunda foto, preveíase unha ruta das que gustan os que ainda priorizamos o mtb de divertimento como o motivo importante que nos une a esto. Na foto tamén se aprecia unha procesionaria que nos deixamos seguir o seu camín pero que non deixa de ser unha especie a que hai que prestar atención, sobre todo os cans.
Tal como se preveía así foi: un percorrido por sendeiros limpios e sinuosos con un terreo que te leva pegado o chan e que con templanza, prudencia e sentidiño permite ir sin sustos disfrutando de cada zona, metro por metro.
Sendeiros tipo Padrón: unhos con picardía e outros non, unhos coñecidos e outros non; pero todos para percorrelos varias veces que crearon unha mañá para aproveitar a magnífica compañía, unha mañá que conta.
Como remate da mañá preparouse un tercer tempo improvisado para comentar impresions e repoñer algún dos líquidos perdidos.
Foto: Orbeatis. |
Boa tarde.
Rosalía de Castro nacía tal día como hoxe en Santiago. Era obriga a lembranza e a mención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario