 |
O pé da Catedral. |
Tui - Plaza do Obradoiro en Compostela (sobre 140 klm do tirón).
Xoves: 19/8/2021.
Diana: 5.30
Saida: 7.30 Puido ser antes pero o sacar unha
bicicleta cerrouse a porta do
convento e non podíamos entrar por a outra. Moitas pedriñas tirei a aquela festra donde estaba a última peregrina que quedaba dentro: unha hora despois abriu.
- Oía ruido pero pensé que era el viento.
- O vento ... -pensei para min-
Caldas de Rei: 14.00 Xantar e seguir. Despois habería que descansar, o camiño facíase duro.
Chegada: 18.00
Incidentes: a porta que se pechou no alvergue, mala elección do xantar, albergue que xa non recibía no Monte do Gozo, era tarde, a cociña xa non daba ceas ... ingredientes de final apoteósico. Era de esperar, nada é fácil cando o obxetivo é próximo e, total, a aventura parecía remada.
Paraxe: Terra de Rosalía de Castro, viñedos emparrados, campos de maiz, outros terreos de labor, a Galicia coñecida.
Animal: tres gatiños do último bar antes de chegar o Obradoiro.
Plantas: moito maiz se sementou este ano ...
Lembranzas do día: ver o mar foi un momentazo, eu hasta fun mollarme na auga salada.
 |
Redondela. O mar. |
A chegada o Obradoiro foi un sinfín de sensacions donde a gran velocidade pasaron os cerca de setecentas vivencias nos outros tantos kilómetros recorridos. Había que saborealo a pé. Non foi fácil de asimilar pero xa estábamos ahí, obxetivo cumplido no tempo previsto; sabíamos que era posible pero confirmábase que non foi fácil e momentos de dudas témolos todos. Ainda así aconsello e animo a recorrer o Camiño
 |
Emparrados. |
Torres é un Camiño a Santiago diferente mais próximo a unha aventura que te pon o límite que a un peregrinaxe o uso; pero ide preparados, moi preparados, pode pasar calquer cousa ...
Ah! E si me preguntas si volvería a facelo a resposta é un rotudo: SI VOLVERIA, mañá mesmo.
¡Bo Camiño!
Ultreia!