Hoxe sí que sí, había que sair: era tan necesario como obligado para os que temos o outro bicho dentro, ese para o que nin queremos vacuna, ese que levamos dentro e nos move: paixón por pedalear e sentir ese aire. Amencía moi oscuro pero non costou nada poñerse a andar, a pesar de que as nubes impoñían temor pero o final nada, unha gotiña que tiñas que correr para collela; nin se sentíu. Puido ser a saida do ano, a deseada; eso sí en solitario e cumplindo. Xa na chegada e de lonxe saludei a Pablo, un Correcamiños con o que compartimos gustos de modalidade, foi efímero o momento pero quedará como compañeiro do día, eso sí na lontananza. Seguramente haberán mais saídas pero seguro que non se agradezan tanto pois esta era a mais desexada.
Boa tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario