Pixeladas impresionistas na charca. Autor: Trompi Van Gogh. |
Boa e maoita xente este domingo por os montes de Ombreiro Infinito. Unha concurrida convocatoria de Matroski que puxo en evidencia o pésimo estado de forma da maioría descontando a Vitocho e o Vello, que empeza a estar físicamente intratable, ainda que hoxe soupo facer de cabaleiro e escudeiro o mesmo son; algo pode estar a cambiar ainda que eu non me fiaría gran cousa; cambian os tempos pero as ideas cóstalles mais.
Durante o percorrido topamos con compañeiros que saen de xeito habitual os domingos as dez da mañá das Portas de San Pedro e San Fernando; tamén topamos con ilustres da recien formada sociedade ciclista: Bike Stop. Dende logo que a mañá non era para quedar na cociña facendo nos queixos; ¡vaia solazo!
O único incidente foi na TRANCE que decidiu deixar sin efecto o freno de diante durante toda ruta que percorría os sendeiros mais revirados e pendientes da contorna. Pero xa se sabe para compensar a falta do freno Panoramix sacou a sua fórmula infalible: multiplicación do equilibrio, réstase inercia e todo entre sentidiño a modo de paréntesis. A operación cadrou a pelidécima.
Sin alcohol. Autor: Vitocho. |
O recital final daríao un gregario profesional vestido de marelo, subindo en volandas, apretando e recortando watios, por a N-VI cara o Cuartel de Garabolos a un desvencellado Panoramix e cía.
Rematamos con o lavado en Bike Stop e as 13:45 na casa. Todo All Right!
Boa tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario