domingo, 17 de abril de 2022

Camiño Inverno. Día 1.

 



Sinopsis: 
Camiño de Inverno.- 


Ponferrada - Compostela.
En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado suficientemente señalizado e moi ben cuidado por o que soio queda avanzar e contemplar os magníficos paraxes que o sustentan. Dende  puebliños  enxebres con xentes de retranca  hasta poblacions importantes de esta Comunidade. 

A rede de albergues e os seus hospederos fai de os finais de cada etapa un chegar a casa; non hai fallo.
Incidentes en ruta sempre suele haber e mais posibilidades había cando a transmisión nova non chegou e houbo que facer a travesía con o que había; tamen é certo que a mecánica de guerra é un recurso casi infinito. A reparación do desviador traseiro con unha punta, e non das de Camariñas, permitiría completar desde  Alvaredos. 

Un personaxe decisivo foi Sebastián, peregrino de gran axuda que gustaba do Mencía.

Momento importante foi a visita a Manuel en San Clodio que despois da benvida me daría información relevante para o resto de aquel día. Gracias Manuel.

Unha travesía para facer tranquilamente en 4 días en bicicleta de monte que pasa por moitos núcleos de poboación, ideal para quen se vexa atraído por a vida de medio vagabundo ou vagabundo completo dormindo hoxe alí e mañá ¿Quen sabe?


Bo día.




14 Abril 2.022

Ponferrada (LE) - Villamartín (OU).


Saída: 8.00 Dehesas

Chegada: 16.00 Villamartin.

Visita a Basílica de La Encina para poñer o Santo  punto de partida para encarar hacia a Ponte Boeza e Camiño do Pajariel. Este foi o primeiro recorrido que fixen na miña primeiriña bicicleta de monte fai xa unhos aniños. A chega a Toral de Merayo encheuse de lembranzas e mais ainda cando pasei por aquela casa e coincido con xente que me reconocía: entrañable conversa... O resto do itinerario foi sinxelo e salvo en  Médulas solitario: o que buscábamos.

Alí foi o primeiro xantar, despois o paraxe minero e mais adiante Cornatel, o castelo.

A ruta transcurre pasando por nucleos donde se pode aprovisionar, como en casi toda esta ruta.

O albergue de Villamartín, ben atendido por Mari traballadora do Concello, está moi  preparado, destacable a lavadora e a secadora gratuitas.

Dentro estaba Sebastián, un peregrino catalán que viña dende Ponferrada e unha mala elección de calzado o apartaría da ruta. O día siguiente  tren as 7.10 para Monforte e despois a Lavacolla. Pero o importante do personaxe foi as axudas prestadas a miña causa:

Primeiro: foi o que viu a unhos tipos de unha furgoneta que logo serían os proveedores de "o tornillo".

Segundo: cando lle comento que ainda non resolvín o hospedaxe do día siguiente  enseguida  ven con o seu tfno. na man e me di: 

- Te conseguí sitio en Monforte, ponte y le das los datos.

Despois da cea fómos celebralo o poblo con unhos Mencías. Él, cara aló, foi coxeando algo; a volta xa traía un millor andar.

Durante o día deume que pensar a presencia de aquel home, o acertada que resultou. Cousas do Camiño.



Incidentes: pérdida do contratornillo do soporte do manillar. Solución: estaba moi difícil. Había que encontrar un tornillo pasante longo que enroscara en aquela tuerna:  ¡Milagro, apareceo!! 


Siguiente. Día 2



Camiño Inverno. Día 2.


Venres, 15 Abril 2.022

Villamartín (OU) - Monforte de Lemos (LU).

Saída: 8.00 Albergue Villamartín

Chegada: 17.00 Albergue Santiago 15

Esta mañá non tocaba desaiunar, todo cerrado tamén o pasar por a Rúa. O coller o desvío que leva Albaredos outro tropel de lembranzas e sensacións se suceden. Un pobo que sempre visitei con gran ledicia para ver aquela entrañable muller. O chegar visito a casa donde vivía. Alí unha veciña me informa que xa había tempo que finara. Estaba na casa a sua sobriña: chamei o timbre pero ninguén saiu. 

- Estanche durmindo -dixo o veciño -  pero dentro están que chegaron ontes.

O sair de Albaredos collín unha naranxa e un plátano de un cesto disposto para os peregrinos. ¡Que ben me sentou! 

Un pouco mais abaixo outro puxo un tenderetiño tamen self-servis donde escasquei catro noces e mentín na boca tres castañas secas de aquel bote xeneroso. Aquí había caixa de propinas, era mais moderno.

O tramo  desde Albaredos a Quiroga é do mais bonito que percorrín hasta ahora. Pobos que  parecen solitarios pero con as casas ben arregladas, en estos días con xente. Camiños vellos, cuidados pero sin modernizar. Subidas en pedra con as marcas de as rodas dos carros do país tantísimas veces recorridas en lenta procesión, baixadas precipitadas, un castelo solitario ...

Con Quiroga en festas tocou o xantar, era cedo pero quen manda aquí é a fame.

Chegados a San Clodio alegróume moitísimo ver a Manuel e facer unhas fotos con él; corta foi a conversa pero ben deitei de ela para o tramo que me quedaba: 33° , medio día e tocaba unha longa subida. 

Entretenida a baixada A Pobra de Brollón o resto xa foi moi rápido e levadeiro hasta Monforte.

 Mañá toca a xornada dura, pero eso será mañá.

Incidentes: chegando a Albaredos en un mal proceder rompe unha das láminas que soporta o ruedín inferior. Solución: con unha puntilla, e non das de Camariñas, e mais unhas bridas quedou arrexuntada a lámina rota. O malo do


arreglo e que o intentar subir o grande tocaba a punta nos radios. Esto solucioneino mais tranquilamente no albergue; mañá van facer falta todas  as coroas, e mais que houbera.


Camiño Inverno. Día 3.





Sabado, 16 Abril 2.022


Monforte de Lemos (LU)- A Laxe (PO).

Salida: 8.00 Albergue Santiago 15

Chegada: 18.00 Albergue A Laxe.

Despois de un te e unhas magdalenas pobres arranco rumbo o Camiño; a etapa requería poucas esperas e gracias que a temperatura era fresca impoñía manter un bo ritmo cara a Maceda por un infernal asfalto que eslomaba. Na subidiña un peregrino descansando, dos poucos que vin. 
Por Escairón combinábanse  mais escenarios  hasta pasar a Portela en donde empeza o mais bonito da etapa: a baixada a Belesar por sendeiro empedrado que en cuestión de 2 klm. baixa mais de 300 m. de desnivel entre voltas e reviravoltas. Chegando a ponte do encoro as vistas entre viñedos son espectaculares. 
 Foi necesario tomar un cafetiño para asimilar todo aquelo e tamén para facer frente a subida por sendeiro empedrado, pero esto tamén espectacular pero menos placentero. Era o que tocaba hasta chegar a Chantada. Alí un avituallamiento para ir mentalizando o corpo para o porto do día: Monte Faro, serían 12 klm. con menos descansos que un día de sega; dos do trigo en Castela.
Fixo falta tirar de todo para quitar do medio aquelo; os estados de ánimo foron ó son das forzas restantes: de mais a menos. Encima concidio a mediodía e sol de xusticia: a penitencia plena.
O chegar a área recreativa repoñer folgos na fonte e rematar o resto da subida por o Camiño que aquí discurre por carretera de asfalto.
En varias casas pedín auga como para apagar lume; todo non chegaba a nada: o embutido do avituallamento reclamaba o seu, ¡Soio a min se me ocurre!
 Dende alí paradiña en Rodeiro para encarar hacia Lalín, compro cena na Frutería de Chus e remato o día no modernista albergue de A Laxe: bonito e moi recomendable.
Cena e para a cama moi cedo.

Incidentes: tabla de embutidos en Chantada:

exquisita pero non foi boa elección. Solución: auga.

O día resultou ser  o que prometía con unha longa etapa de importante desnivel acumulado concentrado en dous puntos esixentes; o segundo mais longo.



Camiño Inverno. Día 4.



Domingo, 17 Abril 2.022


 A Laxe (PO) - Compostela (C)

Saida: 8.00 Albergue A Laxe.

Chegada: 13.30 Obradoiro.


O día aparentaba ser do mais tranquilo e sin maior dificultade que chegar o Obradoiro, pero as cousas non son sempre o que aparentan e hasta o rabo todo é toro.

A ruta dicurría inicialmente en un lixeiro descenso e con algún tramo de empedrado mollado que extremando a precaución foise levando. O número de peregrinos iba en ascenso e hasta chegar a Ponte de Ulla pintaba ben. Alí na oficina de turismo sello e xa me avisan que queda unha importante subida de 4 klm. Pois si, así foi pero houbo que engadir dous mais para completala. 

Xa se acerca a chegada a Compostela e sempre ten esa mezcla de tristeza por o que se acaba e  de alegría por o conseguido e vivido en unha experiencia así. É intenso momento a momento. 

Chegar o Obradoiro gustame facelo con a bicicleta da man e en calma total; o mirar a catedral é ¡o gran momento final!


Incidentes: escorpión  con aterraxe por mor de un tocón agochado que nin Panoramix detectou. Solución: Berro seco, Ibuprofeno e a seguir.


Ruta e perfil.




Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...