sábado, 30 de mayo de 2020

Triaxe.-



Tres bicicletas,
tres.
Tres tipos de suspensión: doble, ríxida e full ríxida,
 tres.
Tres diámetros de roda, 26", 27,5", 29",
  tres.
Tres tipos de transmisión: 1 plato, 2 platos, 3 platos,
 tres.
Pero o realmente triple foi a sensación de compartir tres vellos compañeiros tres horas unha tarde de compadreo con centos de anécdotas e miles de risas, tres mil.
Un placer ¿irrepetible?

Boa tarde.

sábado, 2 de mayo de 2020

Saída do confinamento.-



   Hoxe sí que sí, había que sair: era tan necesario como obligado para os que temos o outro bicho dentro, ese para o que nin queremos vacuna, ese que levamos dentro e nos move: paixón por pedalear e sentir ese aire. Amencía moi oscuro pero non costou nada poñerse a andar, a pesar de que as nubes impoñían temor pero o final nada, unha gotiña que tiñas que correr para collela; nin se sentíu. Puido ser a saida do ano, a deseada; eso sí en solitario e cumplindo. Xa na chegada e de lonxe saludei a Pablo, un Correcamiños con o que compartimos gustos de modalidade, foi efímero o momento pero quedará como compañeiro do día, eso sí na lontananza. Seguramente haberán mais saídas pero seguro que non se agradezan tanto pois esta era a mais desexada.

Boa tarde.

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...