REFLEXION PERSOAL.-
Mui poucas veces se dan unhas condicions tan idóneas para reunir a mais de vinte amantes de este increíble deporte concebido por e para xentes auténticas.
CONDICIONS ATMOSFERICAS.-
Temperatura: sempre inferior a 8ºC.
Vento: as veces superior a 50Klm. racheado e aumentaba cando daba de frente.
Choiva: fría, cuantiosa, mesturada con granizo bélico.
Suelo: encharcado, pasos con auga por derriba do pedalier, as veces chegaba a tija.
Temperatura da auga: fría de OO.
Sol: algunhas veces saía para indicar que seguíamos no Sistema Solar, porque en ocasions parecía que nos habíamos saido.
AS OUTRAS CONDICIONS.-
Nada mais chegar a reunión alí disposta acordaba aquela histórica Táboa Redonda; todos preparados, apertas de maus quentes, miradas alegres, sonrisos cómplices, presentacions de descoñecidos cabaleiros convocados a esa loita, sensacions nobles, homes actuais preparados para loitar a vella batalla de sempre con a idea clara e dispostos a cumplir a palabra dada: "se digo que vou, é que vou; senon non digo nada". Despois partimos con a idea clara de que aquelo íbamos vencelo.
A RUTA E ENTORNO.-
Tuvo de todo, algunha pista, camiños vellos, outros mais novos, corredoiras, corredoiras vellas de croios vivos, algún sendeiro e salvo unhos kilómetros de retorno, pouco asfalto. Non é excesivamente técnica, pero recore unhos estupendos paraxes por o amplio e encantador municipio de Xermade; un municipio con moito por enseñar e que merece moitísimo a pena perdérse por él e deixarse feitizar por os seus mais de mil regos e regueiros;
en outra ocasión que tuven en Él de visita compareino con Pandora; o planeta que J.Cameron creou para situar a exitosa Avatar.
ASISTENCIA EN RUTA.-
Como debe de ser: atenta, suficiente, e sobre todo, discreta; taban nos puntos acordados dando a seguridade que gusta saber pero non mezclándose por o medio dos bikers creando malos fumes e aturdindo o pedaleo. Tamen había ben "mimetizada" asistencia sobre bici, que facían mais segura a marcha. Todos eles souperon manter esa discreción exquisita, un 10 para teles.
CHEGADA.-
Aquí foi o momento mais crudo, pois chegamos mollados e casi xelados; había que meterse con calma para non pasar do frío o repentino calor de aquela ducha que facía reaccionar, pouco a pouco, as partes que non participaron no pedaleo pero que se agradece saber que siguen ahí. Tanto a temperatura e as instalacions perfectas.
XANTAR.-
Moita asistancia e excelente compañía na hora da comida onde puidemos degustar e hasta fartar un cocido rematando con postre de viño quente con azucar e casañas asadas. A música en directo puxo fin a este bonito día ben concebido e secundado por auténticos cabaleiros de tempos modernos que cabalgan sobre bestas movidas por verbas e silencios.
AGRADECIDO.-
Gracias os organizadores, e sobre todo a Serafínmtb, con eventos así de redondos, e para o que faga falta, xa sabes que sempre podes contar con nos.Tá claro que unha loita así e en esas condicions convírtese en inolvidable e será como un anel que nos manterá moralmente xunguidos os que tuvemos alí. Momentos así unen; ¿ou non?.
FRASE DO DÍA.-
SX: ¿Como salisteis en bici con este día?.
JR-Pillarno: No preguntes, es inexplicable.
Boas noites.
Maismar.
26671
A ruta: