Bo día.
Ponferrada (LE) - Villamartín (OU).
Saída: 8.00 Dehesas
Chegada: 16.00 Villamartin.
Visita a Basílica de La Encina para poñer o Santo punto de partida para encarar hacia a Ponte Boeza e Camiño do Pajariel. Este foi o primeiro recorrido que fixen na miña primeiriña bicicleta de monte fai xa unhos aniños. A chega a Toral de Merayo encheuse de lembranzas e mais ainda cando pasei por aquela casa e coincido con xente que me reconocía: entrañable conversa... O resto do itinerario foi sinxelo e salvo en Médulas solitario: o que buscábamos.
Alí foi o primeiro xantar, despois o paraxe minero e mais adiante Cornatel, o castelo.
A ruta transcurre pasando por nucleos donde se pode aprovisionar, como en casi toda esta ruta.
O albergue de Villamartín, ben atendido por Mari traballadora do Concello, está moi preparado, destacable a lavadora e a secadora gratuitas.
Dentro estaba Sebastián, un peregrino catalán que viña dende Ponferrada e unha mala elección de calzado o apartaría da ruta. O día siguiente tren as 7.10 para Monforte e despois a Lavacolla. Pero o importante do personaxe foi as axudas prestadas a miña causa:
Primeiro: foi o que viu a unhos tipos de unha furgoneta que logo serían os proveedores de "o tornillo".
Segundo: cando lle comento que ainda non resolvín o hospedaxe do día siguiente enseguida ven con o seu tfno. na man e me di:
- Te conseguí sitio en Monforte, ponte y le das los datos.
Despois da cea fómos celebralo o poblo con unhos Mencías. Él, cara aló, foi coxeando algo; a volta xa traía un millor andar.
Durante o día deume que pensar a presencia de aquel home, o acertada que resultou. Cousas do Camiño.
Incidentes: pérdida do contratornillo do soporte do manillar. Solución: estaba moi difícil. Había que encontrar un tornillo pasante longo que enroscara en aquela tuerna: ¡Milagro, apareceo!!