jueves, 19 de agosto de 2021

Camiño Torres. Xornada 10. Final.

 

O pé da Catedral.

Tui - Plaza do Obradoiro en Compostela (sobre 140 klm do tirón).

Xoves: 19/8/2021.

Diana: 5.30

Saida: 7.30 Puido ser antes pero o sacar unha

                      bicicleta cerrouse a porta do

                       convento e non podíamos entrar por a outra. Moitas  pedriñas tirei a aquela festra donde estaba a última peregrina que quedaba dentro: unha hora despois abriu. 

- Oía ruido pero pensé que era el viento.

- O vento ... -pensei para min-

Caldas de Rei: 14.00 Xantar e seguir. Despois habería que descansar, o camiño facíase duro.

Chegada: 18.00

Incidentes: a porta que se pechou no alvergue, mala elección do xantar, albergue que xa non recibía no Monte do Gozo, era tarde, a cociña xa non daba ceas ... ingredientes de final apoteósico. Era de esperar, nada é fácil cando o obxetivo é próximo e, total, a aventura parecía remada.


Paraxe: Terra de Rosalía de Castro, viñedos emparrados,  campos de maiz, outros terreos de labor, a Galicia coñecida.

Animal: tres gatiños do último bar antes de chegar o Obradoiro.

Plantas: moito maiz se sementou este ano ...

Lembranzas do día: ver o mar foi un momentazo, eu hasta fun mollarme na auga salada.

Redondela. O mar.

A chegada o Obradoiro foi un sinfín de sensacions donde a gran velocidade pasaron os cerca de setecentas vivencias nos outros tantos kilómetros recorridos. Había que saborealo a pé. Non foi fácil de asimilar pero xa estábamos ahí, obxetivo cumplido no tempo previsto; sabíamos que era posible pero confirmábase que non foi fácil e momentos de dudas témolos todos. Ainda así aconsello e animo a recorrer o Camiño

Emparrados.

Torres é un Camiño a Santiago diferente mais próximo a unha aventura que te pon o límite que a un peregrinaxe o uso; pero ide preparados, moi preparados, pode pasar calquer cousa ... 

Ah! E si me preguntas si volvería a facelo a resposta é un rotudo: SI VOLVERIA, mañá mesmo.

¡Bo Camiño!

Ultreia!

Panoramix.




Fotos do día.

<-Xornada 9

4 comentarios:

Furon dijo...

E Panoramix, que dixo?

Maismar dijo...

-Esto foi mais fodido que cando crucei a Galia por muérdago para as pócimas.
Jajaja

Furon dijo...

Seguro que foi Mais lacónico…
¿Pero que necesidad teño eu?…

Keiko dijo...

Por moito que tiña lido sobre esta ruta,era impensable imaxinar que sería como é. Variopinta: case imposible e esixente as veces, dulce e liviana outras. Paisaxes que te deixaban sen fala. Xentes que non esquencerei.
Para min, unha travesía de alma, de serenidade, de tranquilidade -excepto nos momentiños que asomaban os fantasmas- un aprendizaxe constante. Unha travesía de colegueo, de compañerismo, de complicidade, de familia na que non faltou o apoteose final de entrar na Praza de Obradoiro o teu carón e ollar a fachada de catedral...por muita xente que houbera, naquel momento só estábamos dous e as nosas compañeiras.
A mellor das travesías. A mellor das compañías.Graciñas sempre! ..e que haxa máis ainda que esta sempre será "a travesía"!

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...