domingo, 19 de enero de 2020

Cabaleiros e escudeiros por Ombreiro.-

Pixeladas impresionistas na charca.
Autor: Trompi Van Gogh.

Boa e maoita xente este domingo por os montes de Ombreiro Infinito. Unha concurrida convocatoria de Matroski que puxo en evidencia o pésimo estado de forma da maioría  descontando a Vitocho e o Vello, que empeza a estar físicamente intratable, ainda que hoxe soupo facer de cabaleiro e escudeiro o mesmo son; algo pode estar a cambiar ainda que eu non me fiaría gran cousa; cambian os tempos pero as ideas cóstalles mais.

Durante o percorrido topamos con compañeiros que saen de xeito habitual os domingos as dez da mañá das Portas de San Pedro e San Fernando; tamén topamos con ilustres da recien formada sociedade ciclista: Bike  Stop. Dende logo que a mañá non era para quedar na cociña facendo nos queixos; ¡vaia solazo!

O único incidente foi na TRANCE que decidiu deixar sin efecto o freno de diante durante toda ruta que percorría os sendeiros mais revirados e pendientes da contorna. Pero xa se sabe para compensar a falta do freno Panoramix sacou a sua fórmula infalible: multiplicación do equilibrio, réstase  inercia e todo entre sentidiño a modo de paréntesis. A operación cadrou a pelidécima.

Sin alcohol. Autor: Vitocho.
Pre-final no Fluvial con unhas sin alcohol  para comentar as xugadas interesantes, as milloras da próxima dos Lobos, a imprescindible e inminente de Burela o tempo que xa iban asentando os corpos.

O recital final daríao un gregario profesional vestido de marelo, subindo en volandas, apretando e recortando watios, por a N-VI cara o Cuartel de Garabolos a un desvencellado Panoramix e cía.

Rematamos con o lavado en Bike Stop e as 13:45 na casa. Todo All Right!

Boa tarde.

No hay comentarios:

Camiño Inverno. Día 1.

  Sinopsis:  Camiño de Inverno.-  Ponferrada - Compostela. En catro días transcúrre porque 5 provincias e 2 comunidades en un trazado sufici...